​A exposición 'Vía Iacobitana' sobre o Camiño recala en Ribadeo

|

Viaiacobitanaribadeoviaqua

Abreu as súas portas en Ribadeo a exposición itinerante Vía Iacobitana, unha mostra fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Patrocinada por Viaqua en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia e o Xacobeo, amosa o Camiño desde unha perspectiva artística contemporánea, realizada por fotógrafos galegos que se converteron en peregrinos para plasmar a súa particular visión e as sensacións que lles suxire a Ruta Xacobea. Logo de pechar as súas portas con éxito de público en Santiago de Compostela recala en Ribadeo e tamén percorrerá ata o próximo mes de decembro as cidades de Ourense, Pontevedra, e as localidades de Valdoviño, Viveiro e Fene.


A través das imaxes recompiladas podense contemplar diversos itinerarios en diferentes épocas do ano, as súas variadas paisaxes, os romeiros, os veciños e o patrimonio cultural que atesouran desde a óptica persoal de cada autor, que lle imprime personalidade.


Viaqua destaca con esta colaboración coas institucións a vontade da empresa de cooperar "tamén na promoción e apoio da cultura, achegándoa a toda a sociedade e poñendo en valor, neste caso, o traballo de grandes profesionais galegos da imaxe".


O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, xunto co responsable da Zona Norte de Viaqua, Luis Morón, e os concelleiros de Cultura e de Turismo do Concello, asistiron á apertura da exposición na Capela da Orde Terceira Franciscana que cedeu o espazo e na que permanecerá aberta ao público de luns a domingo en horario de 10.00 a 20.00 horas, ata o vindeiro 7 de agosto.

relacionada Innovación galega para reducir contaminantes no ciclo integral da auga
relacionada Tecnoloxía para os alumnos galegos que comprenden o uso intelixente da auga

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress