#Claves de la semana

Innovación galega para reducir contaminantes no ciclo integral da auga

Preséntase a Unidade Mixta Cigat, producto da colaboración entre ViAQUA, Cetaqua e a Axencia Galega de Innovación


|



A auga é un ben básico ao que non podemos renunciar, pero na sociedade actual cada vez resulta máis difícil garantir o seu aproveitamento sustentable, posibilitando un suministro libre de contaminantes e respetuoso co medio ambiente.


Pero ese é un reto aceptado pola compañía ViAQUA, que presentou este venres a Unidade Mixta Cigat (Centro de Innovación Galego de Sistemas Avanzados de Tratamento de Auga), no Centro tecnolóxico Cetaqua, coa colaboración da Universidade de Compostela e da Axencia Galega de Innovación (Gain).


Un polo de innovación que pretende, en palabras de Julio Masid (director de ViAQUA), aportar "solucións tecnolóxicas" que garantan un "desenvolvemento sostible" e que poidan ser transferidas á sociedade de forma eficaz.


A Unidade Mixta, que supón unha inversión de 2 millóns de euros, traballará en dúas liñas de investigación fundamentais. Por unha parte, tratará de aportar solucións á depuración de augas residuais e alternativas á xestión convencional en sistemas descentralizados. Por outra banda, estudarán a posibilidade de incorporar nano-compostos no ciclo integral da auga para detectar s eliminar contaminantes emerxentes.


Dous obxectivos que poden converter a Galicia nun referente na innovación no ciclo integral da auga. Manuel Cermerón, director de estratexia e desenvolvemento do Grupo Agbar, visualizou o Cigat como un "espazo físico donde están pasando cousas", onde se pode producir un proceso "palpable e explícito" que permitirá avanzar respetando o medio ambiente e respondendo ao mesmo tempo con axilidade aos condicionantes do mercado.


Do mesmo xeito, o conselleiro de Economía, Francisco Conde, puxo en valor unha unidade que permitirá de desenvolver "tecnoloxías limpias, eficientes" en Galicia. Conde destacou que se trata de 19ª Unidade Mixta que se pon en funcionamento en Galicia, pero que é a primeira que se centrará no medio ambiente, innovando nun sector que considera estratéxico para Galicia. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE