#Claves de la semana

Os alcaldes e un representante de cada partido formarán a xestora da marea

Reúnense hoxe por primeira vez entre as críticas dun sector de Podemos, que quere máis protagonismo e considera "unha burla" non ter a maioría no órgano.


|


Alcaldesmarea


A xestora que guiará os diferentes axentes políticos ata a asemblea constituínte do día 30, na que se configurará unha candidatura de confluencia para as eleccións autonómicas, manterá a súa primeira reunión este mesmo mércores coa participación dos tres alcaldes das mareas que gobernan nas tres urbes.

Ademais, está previsto que estean representados os partidos políticos que conforman a coalición En Marea, ademais da asemblea Mareas en Común, ao redor da cal se aglutinaron as mareas municipalistas e cuxos documentos sobre primarias e código ético servirán de base para a asemblea constituínte.

Segundo o cronograma de traballo, haberá reunións os próximos días. Ademais do encontro deste mércores na Coruña, haberá outras dúas reunións en Santiago de Compostela e en Vigo, lugar onde se celebrará a asemblea constituínte.

Para acudir á asemblea impulsada polos tres alcaldes, e que serviu de ponte entre a coalición En Marea (na que están os partidos políticos que apostaron pola unidade popular) e Mareas en Común (que representa ás candidaturas municipalistas), unicamente hai que asinar o manifesto dos alcaldes, o cal tamén servirá para establecer un censo. Desde que se habilitou esta opción, adheríronse máis de 560 persoas, en menos de 24 horas.


CRÍTICAS

Críticos coa composición da xestora e a fórmula escollida é o grupo Xuntos sí se puede, un grupo de persoas vinculadas con Podemos Galicia e que aposta por darlle maior protagonismo á formación morada nas próximas eleccións de outono.

De feito, e nun comunicado, este grupo dirixe os seus maiores reproches á asemblea coruñesa e pide á secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, que "non acepte este paripé montado por Marea Atlántica e Xulio Ferreiro para ter controlado o proceso de confluencia".

"Parécenos unha burla aos inscritos de Podemos, xa que entendemos que un partido con máis de 20.000 inscritos en Galicia non pode ter unha representación testemuñal nunha xestora", manifestan, en referencia a que cada partido está previsto que conte cun representante.

relacionada ​Os deputados de En Marea lembran no Congreso que "o pobo é quen máis ordena"
relacionada En Marea estudia abrir a las bases la decisión de pedir grupo propio
relacionada ​Podemos marca "liñas vermellas" á marea
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE