#Claves de la semana

"As portas están abertas" para Podemos

Martiño Noriega manifesta que na 'marea constituínte' son "absolutamente comprensivos" cos procesos internos da formación morada.


|

Noriegaalcaldesantiagoconcello


O alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, asegurou que a xestora para a asemblea da marea constituínte, da que sairá unha candidatura de confluencia para as próximas eleccións de outono, mantén "as portas abertas" a Podemos Galicia, que paralelamente se atopa inmersa nun debate interno sobre como presentarse no proceso electoral, e manifestou que son "absolutamente comprensivos" cos tempos da organización morada.


Este mércores, a xestora da marea constituínte mantivo a súa primeira reunión na Coruña, na que participaron os tres alcaldes e representantes das Mareas en Común e Marea Atlántica. No caso de Esquerda Unida non acudiu ningunha persoa, pero si participa no proceso, de feito, a súa coordinadora nacional, Yolanda Díaz, xa anunciou a súa adhesión ao manifesto dos alcaldes e a súa participación na asemblea.


Con todo, Podemos Galicia non participou na xestora, inmersa na súa reflexión interna sobre como concorrer ás eleccións autonómicas, respecto diso do que un sector crítico coa confluencia impulsa acudir en solitario. A decisión sobre as eleccións, como é compromiso de Carmen Santos, tomarase por votación dos inscritos tras unha asemblea autonómica pendente de fixar data, mentres que os promotores da asemblea constituínte contan con que, en todo caso, a secretaria xeral acuda á asemblea do próximo día 30, como así expresaron os alcaldes en virtude do falado con ela a pasada semana na rolda de contactos cos axentes que participan neste espazo político.


"As portas están abertas, como Podemos Galicia e a súa propia secretaria xeral saben. É certo que máis aló do traballo da xestora, que é de operatividade e non de (decisión) política, dos contactos que tivemos a semana pasada houbo un retorno positivo", indicou, a preguntas dos medios, Martiño Noriega, quen manifestou que son "absolutamente comprensivos" cos procesos internos da formación política.


Noriega salientou que os tres alcaldes están "centrados" en lanzar este proceso, "sacando horas ao día". "Aí están os nosos esforzos e a capacidade de traballo", subliñou Noriega, quen non quixo entrar a opinar sobre as voces internas de Podemos que apostan por concorrer en solitario ás eleccións autonómicas.


A ASEMBLEA DECIDIRÁ SOBRE A FÓRMULA


A próxima reunión da xestora será o vindeiro sábado 23, en Santiago de Compostela, e servirá para continuar a organización do evento do 30, que será en Vigo, e para o que se superaron as mil persoas adheridas.


Preguntado por se se abordou a fórmula de concorrencia (por exemplo, partido instrumental), Martiño Noriega lembrou que esta cuestión tena que decidir a propia asemblea na súa reunión do 30.


PODEMOS VOTARÁ SOBRE PARTIDO INSTRUMENTAL


Precisamente, a secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, levou á reunión que o Consello Cidadán Autonómico celebrou este mércores unha proposta para situarse en contra da fórmula do partido instrumental como opción para acudir ás urnas no outono, pero finalmente decidiuse votar telemáticamente entre os seus membros.


A postura en contra dun partido instrumental impediría a disolución da marca de Podemos para as eleccións autonómicas, blindando e fixando posición da formación con respecto ás decisións que se poidan adoptar na asemblea constituínte, que é de adscrición individual e para a que están confirmados inscritos de Podemos Galicia.

relacionada Os alcaldes e un representante de cada partido formarán a xestora da marea
relacionada ​La dirección 'morada' en Galicia vota hoy si apoya o no un partido instrumental
relacionada ​Podemos falta a la primera reunión de la gestora
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE