#Claves de la semana

Santiago intenta que os nenos volvan xogar na rúa

"Xa non forma parte dos hábitos da maioría", recoñecen desde o Concello. O programa previsto desenvolverase nas tardes de agosto "despois de merendar".


|

Juegostradicionales


O programa do Concello de Santiago 'Despois de merendar... a rúa é nosa!' fomentará durante as tardes laborais de agosto "recuperar" as rúas como espazo lúdico para os xogos dos nenos, xa que é "algo que se está perdendo".


Así o explicaron as monitoras de Xandobela Nerea Couselo e Chus Caramés nunha rolda de prensa para presentar esta iniciativa xunto ao alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e á técnica de Lingua Marta Besada, na que se explicou que con estes xogos apostarase tamén por que os nenos socialicen en galego.


Este programa está aberto a nenos de entre 6 e 12 anos (cun límite de 20 persoas), que se deberán inscribir de forma gratuíta cada día laborable de agosto na Praza de Abastos ás 18,30 horas para participar nunha xornada de xogos que durará dúas horas cada día.


Deste xeito, as actividades que lles esperan aos máis pequenos serán xogos tradicionais como as chapas, mentres coñecen diversos lugares ao aire libre da cidade (rúas, prazas e parques), interactúan cos veciños e aprenden vocabulario en galego relacionado coa contorna e a toponimia. Ademais, prevese realizar dúas xornadas especiais con gymkanas e retos cara o final do mes.


Respecto diso, Martiño Noriega reflexionou sobre a importancia desta iniciativa nun tempo no que xogar na rúa "xa non forma parte dos hábitos" da maioría dos nenos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE