#Claves de la semana

​Localizan deshidratada unha septuaxenaria desaparecida o sábado

Saíra pasear ao redor das tres da tarde, a pleno sol. Atopárona case 30 horas despois nunha parcela pegada ao seu domicilio.


|

Desaparecidoguardiacivil


A muller duns 70 anos de idade que desaparecera o pasado sábado no municipio pontevedrés da Cañiza foi localizada con síntomas de deshidratación na tarde do domingo.


En concreto, foi localizada nunha leira lindeira ao seu domicilio, no lugar de Aráns. O 112 Galicia solicitou a intervención dos servizos médicos de urxencia que trasladaron á muller ata un centro hospitalario.


As mesmas fontes explicaron que a señora adoitaba pasear polas leiras próximas a partir das 3 da tarde. De feito, a esa hora do pasado sábado vírona os seus veciños por última vez. Desde entón, os axentes da Garda Civil buscárona sen éxito.


Ás 17,30 horas do domingo pediron reforzos ao Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia e mobilizáronse os efectivos do GES de Ribadavia. A punto estivo de saír tamén un equipo dos Cans de Rescate da Estrada, pero sobre as 19,30 horas, os axentes de seguridade confirmaron que a muller fora localizada.

relacionada ​Buscan a una mujer desaparecida en Santiago
relacionada Continúa la búsqueda del músico desaparecido en el Miño
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE