#Claves de la semana

Na Coruña botan en falta a Ferreiro

Rosa Gallego, portavoz popular no Concello, quéixase de que é "un alcalde por horas no seu tempo libre entre reunión reunión electoral".


|

Xulioferreiro


A portavoz do Grupo Municipal do PP no Concello da Coruña, Rosa Gallego, cualificou o rexedor coruñés, Xulio Ferreiro, como un alcalde "por horas", á vez que lle reprochou falta de "dedicación e de xestión".


En rolda de prensa, argumentou que a visión "curtopracista" do alcalde esta deixando acidade inmersa "nun círculo vicioso". "Porque non xestiona, perde emprego --dixo sobre os datos do paro-- non paga a provedores, non atende os barrios e non executa o orzamento".


Por outra banda, atribuíu ao PP a obtención de 11,5 millóns para 14 'proxectos Smart', mentres que argumentou que a Marea conseguiu "dous millóns a repartir entre catro cidades e un só proxecto, mentres Murcia logra 8 millóns, Las Palmas 8 millóns, Santander 7 millóns, Lugo 4,1 millóns e Ponferrada 1,6 millóns".


"Con Ferreiro, A Coruña pasou de ser a locomotora económica do noroeste peninsular e de España en Smart City a furgón de cola". "Non hai ambición, e o que é peor, non hai dedicación por parte dun Ferreiro que é un alcalde por horas nos seus intres libres entre reunión e reunión electoral", sentenciou.

relacionada ​Os alcaldes das mareas dan un paso á fronte para avivar a confluencia
relacionada ​En Marea ensina candidato esta semana
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE