#Claves de la semana

​Feijóo: "Unha fusión entre un alcalde do PSOE e outro do PP, sería fantástico"

O presidente defende as fusións, coma a de Cerdedo e Cotobade, para lograr un "mapa municipal máis ordenado e racional".


|

Cerdedocotobadefeijoorueda


O presidente da Xunta criticou que á Deputación de Pontevedra "non lle gusta que dous alcaldes do PP cheguen a acordos", tras o informe do organismo provincial que cuestionaba o procedemento da fusión dos concellos de Cotobade e Cerdedo.


"A min gústame que todos os alcaldes cheguen a acordos e, se puidese haber unha fusión entre un alcalde do PSOE e outro do PP, sería fantástico", sinalou Núñez Feijóo con motivo da súa visita á Carballeira de San Xusto, en Cotobade, onde se reuniu co rexedor municipal desta localidade, Jorge Cubela, e o seu homólogo de Cerdedo, José Balseiros, aos que se sumaron unha representación veciñal de ambas as localidades para celebrar que o Diario Oficial de Galicia publica a orde que supoñerá unha inxección de 1,5 millóns de euros para a fusión de ambos os municipios.


Núñez Feijóo instou aos técnicos da Deputación de Pontevedra a que "informen os políticos" cun documento "obxectivo e incuestionable" axustado a dereito, "e non un informe político".


"Desde o punto de vista político, sorpréndeme", sinalou o titular do Executivo autonómico sobre a actitude da Administración provincial, porque no Parlamento galego os partidos que gobernan na Deputación de Pontevedra --PSdeG-PSOE e BNG-- "falan de que hai que fusionar concellos, de nova organización territorial de España, nova Constitución, novo título 8º das comunidades autónomas, e en algo tan importante e sinxelo" como esta fusión, engadiu, "están en contra".


VALENTE


Alberto Núñez Feijóo, que asistiu a este encontro acompañado polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Xosé Manuel Cores Tourís, felicitou "ás corporacións e aos veciños" por unha decisión que cualificou de "moi valente, oportuna e que garante a supervivencia de Cerdedo-Cotobade".


Con todo, precisou que aínda faltan informes "determinantes" e a aprobación definitiva do Consello da Xunta para esta fusión sexa firme.


Os 6.000 habitantes que conformarían esta nova unidade municipal cunha extensión de 200 quilómetros cadrados son, para Núñez Feijóo, unha "cifra adecuada" que garante a "viabilidade económica, social e política" desta fusión. Os 1,6 millóns de euros que recibirá supoñerán "un antes e un despois", engadiu o presidente da Xunta para o seu soporte financeiro.


"Se houbese máis concellos como Oza-Cesuras e Cerdedo-Cotobade, esta Galicia tería un mapa municipal máis ordenado e racional", resaltou o presidente da Xunta, trasladando aos impulsores destas iniciativas o "agradecemento" do Goberno galego por "ser valentes e ofrecer un futuro certo".


Núñez Feijóo asegurou que Cerdedo-Cotobade vai "persistir" no mapa municipal de Galicia "por moitas reformas legais que se fagan a nivel estatal, porque ten viabilidade económica e social".

relacionada ​Cerdedo y Cotobade aprueban la fusión
relacionada Ponte Caldelas quiere fusionarse con Cotobade
relacionada A deputación de Pontevedra posiciónase contra a fusión de Cerdedo e Cotobade
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE