Que se mollen os empresarios do IBEX 35

Manuel Fernando González Iglesias

IBEX


Andan, coma sempre, os nosos políticos, enredando co pacto de Investidura, sen que ningún se atreva a mollarse, e iso que estamos no verán e a calor aperta coma nunca. Ao seu lado, os empresarios van dicindo cousas, coma aquel bañista que molla as dedas do pé dereito antes de se meter e logo acaba indo ao chiringuito para tomar unha cervexa e, se é home, mirar embobado os topless das máis exuberantes, e se é de condición feminina, os maromos que locen abdominais piscineiros traballados duramente no fitness do barrio a custo pactado.


E como queira que aquí ninguén se mete na auga, bo será que lles lembremos aos empresarios, banqueiros e demais veciños do Ibex 35, que o seu papel neste drama nacional é moito máis importante que o que agora mesmo desempeñan, que para iso fan os seus negocios dentro da economía nacional que ha de dirixir un goberno estable, ao que eles, privadamente, regan con xenerosidade a través de doazóns, fundacións e como xa todos sabemos, da famosa Caixa B dos partidos.


Por iso queixarse "polo bajini" desde a CEOE, que o que se quere desde a patronal, é estabilidade, parece pouca cousa. Hai que facer algo máis, como, por exemplo, enfadarse con eses líderes do xornal deportivo ou da abstención estratéxica, para que gañen o soldo e precipiten, en consecuencia lóxica, que os encerrados no non abandonen, por un momento, o seu hábitat ideolóxico e permitan a fumata branca do consenso nacional. Vamos, que metan caña onde eles ben saben, que, seguro, llelo terán máis en conta que o que publiquemos cada día os medios de comunicación.


"Seguir así non é bo para o negocio" debería ser o novo lema do mundo do diñeiro e da empresa, e con el lanzarse decididos a polos que están a marear a perdiz, advertíndolles que a súa carreira política periga e que lles pode pasar o mesmo que a Convergència co seu grupo parlamentario propio. A que é máis que probable, que a máis dun lle interese a "suxestión"?


Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE