#Claves de la semana

​A CIG denuncia o mal estado das bases de helicópteros contra incendios

O sindicato mantén que algunhas das brigadas teñen que usar casetas de obra onde a temperatura chega aos 50º.


|

Helicpteroincendios


As condicións laborais dos brigadistas do servizo contra incendios forestais da Xunta seguen a ser motivo de queixas por parte dos traballadores. A CIG denuncia que as brigadas de Guntín, a Fonsagradada "e outras" da empresa pública SEAGA teñen que utilizar como base unha caseta de obra, onde en ocasións "a temperatura chega aos 50º". Critican que a situación deriva do "desmantelamento" do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF).


A través dun comunicado, o sindicato insiste na falta de políticas de prevención por parte do Executivo galego "porque ten un custo elevado e non é un bo negocio para os seus amigos das empresas privadas".


Proba do desmantelamento é, segundo a CIG, que o convenio do persoal da Xunta se compromete ao mantemento das brigadas helitransportadas existentes e a posibilidade de novas creacións. Porén, o que observan, é que "nos últimos anos a tendencia é a facer a contratación mediante empresa privada, relegando as bases da Xunta á mínima expresión".


"Para que o negocio destas empresas sexa seguro e abondoso", insisten, teñen á súa disposición as bases construídas con fondos públicos "das desaparecidas brigadas helitransportadas da Xunta" mentres as instalacións dalgunhas das brigadas propias "non cumpren a normativa de seguridade e saúde laboral".


Critican, ademáis, a falta dunha política forestal e que "o único que lle importa a Feijóo é mentir sobre a superficie arrasada".

relacionada ​A zona "máis complicada do país" ten pechada a base contraincendios
relacionada ​A loita contra incendios sumará en agosto catro helicópteros
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE