#Claves de la semana

​Villares celebra a unidade: "xa non hai eles e nós"

Xulio Ferreiro agradece o paso dado por Podemos cunha decisión "valente e xenerosa" e que traerá "moitísimas alegrías".


|

Luisvillaresprimarias


O por agora único candidato ás primarias de En Marea para optar á presidencia da Xunta nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, Luís Villares, mostrou "moitísima satisfacción" pola decisión final de Podemos de integrarse no partido instrumental creado por En Marea, de forma que concorrerán xuntos ás urnas.

Neste sentido, proclamou que agora "xa non hai eles e nós", senón que son "todos un", grazas a un resultado, ao seu xuízo "satisfactorio" e derivado de "unha decantación natural".

"A confluencia era o espazo social de todas as forzas do cambio en Galicia e o natural era que integrásemos o mesmo espazo político. Por tanto, a decisión da dirección política de Podemos de onte era unha consecuencia do que as súas bases xa levaban facendo nas últimas semanas que era participar activamente da marea galega", expuxo.


Así, incidiu na "moitísima satisfacción" que lle xera este acordo, porque, na súa opinión, supón construír "un instrumento de carácter político que aúna forzas e aúna esforzos". "Creo que iso vai ser moi ben recibido socialmente e electoralmente", resaltou.

ÚNICO CANDIDATO PARA A PRESIDENCIA

Proclamado, por agora, como único candidato ás primarias na carreira para lograr a presidencia da Xunta, Villares sinalou que "o que está previsto é que durante o período de corrección de candidaturas a xente que se integre estes días teña tamén a oportunidade, se o desexa, de postularse para as primarias internas". "Pero o proceso de presidencia xa está pechado desde hai tres días", apuntou.

Pola súa banda, o alcalde da Coruña e portavoz da coordinadora de En Marea, Xulio Ferreiro, asegurou este sábado que a incorporación de Podemos Galicia converte o espazo de En Marea nunha alternativa "sólida" ao PPdeG.

En concreto, o rexedor coruñés pronunciouse deste xeito antes de participar nunha reunión da coordinadora de En Marea, posto que é preciso "afinar", precisou, determinados asuntos que "quedan pendentes". Trátase da incorporación dos candidatos e incritos da formación morada ao proceso de primarias de En Marea.

"O espazo está moito máis completo coa incorporación de Podemos", defendeu o rexedor coruñés, quen considera que se trata de "un paso adiante" no que "se van seguir sumando moitas persoas nos próximos días".


DECISIÓN "VALENTE E XENEROSA"

Deste xeito, agradeceu o labor de todas as persoas de En Marea e de Podemos que fixeron posible este acordo e, de "maneira especial", referiuse ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, e ao secretario de Organización da formación, Pablo Echenique.

A continuación, cualificou a fórmula do partido instrumental como a "mellor", xa que permite que tanto En Marea como Podemos estean "en pé de igualdade, ao mesmo nivel". De feito, considera que a decisión da formación morada, que cualifica de "correcta e sostén que traerá "moitísimas alegrías", foi "valente e xenerosa".

relacionada ​Podemos cede y acepta integrarse en la Marea
relacionada ​Echenique: “Buscaremos hasta el último momento un pacto con En Marea”
relacionada ​En Marea amplía sus plazos para "facilitar la integración de Podemos"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE