#Claves de la semana

Os tempos que marca Rajoy, vistos como unha "xogada de póker"

A oposición critica a "ameaza" de ter que votar o día de Nadal. "A estratexia é a de impoñer un Goberno e o seu programa", afea Ana Pontón.


|

Anapontonvigolistas


A portavoz nacional e candidata do BNG á presidencia da Xunta de Galicia, Ana Pontón, criticou este venres a "xogada" de Mariano Rajoy, en relación coa data do debate de investidura, porque "a súa única estratexia é a de impoñer un Goberno e o seu programa, baixo a ameaza de ter que ir votar o 25 de decembro".


Segundo a líder nacionalista, a actitude do líder do PP non vén senón a "alimentar" o "pobre e decadente espectáculo da política madrileña e dos partidos estatais". "Un triste espectáculo, o que dan", abundou. Así, lembrou que, hai meses, PSOE e Podemos estiveron "a xogar ao gato e ao rato" e, en lugar de cumprir a súa "promesa" de botar a Rajoy, reforzárono a el e á dereita.


Mentres, incidiu, "Galicia estivo desaparecida, e non pintou absolutamente nada", e criticou que "os catro partidos estatais" ofrecen, un ano despois, "o mesmo".


"ESTRAGAR O NADAL"


Podemos, o novo Partido Demócrata Catalán (PDC) --a antiga Convergència--, En Comú Podem, EU e ERC consideran que a data fixada para celebrar o debate de investidura de Mariano Rajoy é un instrumento para presionar máis ao PSOE ante a ameaza de que, se hai que convocar unhas terceiras eleccións, celebraríanse o 25 de decembro, día de Nadal.


Así o poñen de manifesto dirixentes destas cinco formacións políticas en mensaxes publicadas en redes sociais. O secretario de Organización do Podemos, Pablo Echenique, xa vaticina mesmo presións no PSOE para 'dobregar' a Pedro Sánchez: "Sae Susana Díaz xunto a (Javier) Lambán e (Felipe) González dicindo que o PSOE non pode ser culpable de estragar o Nadal aos españois en 3, 2, 1...", escribiu.


"ENXEÑERÍA POLÍTICA AVANZADA"


Desde En Comú Podem, o seu portavoz parlamentario, Xavier Domènech, pronunciouse sobre a data fixada para a investidura afirmando que "presionar cunhas terceiras eleccións en Nadal para obrigar a votar ao PP é de enxeñería política nivel avanzado".


E o coordinador federal de Esquerda Unida, Alberto Garzón, tachou de "nova xogada de póker" a estratexia do PP de fixar a investidura o último martes de agosto, aínda que tamén advertiu de que, desta forma, "esnaquizan a política".


Doutra banda, o portavoz de CDC no Congreso, Frances Homs, mostrouse convencido en Twitter de que a investidura "está pensada para presionar máis" ao líder do PSOE, Pedro Sánchez, para que dea a súa abstención aos 'populares': "Aguantará?", cuestiona o deputado independentista.


Para o portavoz de ERC na Cámara Baixa, Joan Tardà, a concreción da investidura o 30 de agosto reflicte que o Goberno en funcións "continúa actuando en contra dos intereses da cidadanía". Tardà, que reaccionou así en declaracións aos xornalistas nos corredores do Congreso: "Denunciamos este vodevil, este sainete que é unha vergoña (...) este desgoberno que aparentemente é venial e francamente mortal", dixo.

relacionada ​PP y C's rubrican el acuerdo
relacionada Rajoy se someterá a la votación de investidura el día 31
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE