​“Ourense con Leiceaga”, nova campaña de apoio ao candidato do PSdeG

A número tres por Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta, destacou a “importancia dos comicios para poñer fin ás políticas do PP e o seu desprezo pola cidade”.

 


|

Leiceaga 5


O PSOE da cidade de Ourense vén de lanzar unha campaña de apoio ao candidato á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga. “Ourense con Leiceaga” é o lema da campaña que encabezará a secretaria xeral e número tres por Ourense Carmen Rodríguez Dacosta, quen destaca a “importancia dos comicios para poner fin ás políticas do PP e o seu desprezo pola cidade”.


POLÉMICA POLO “CAMBIAZO”


A campaña de apoio sucede a unha longa lista de desavenencias no seo do PSdeG tras os retoques de Ferraz ás listas. A secretaria da organización, María Quintas, relegada ao número 5 na lista, mostrábase dura co candidato socialista ao afirmar que se sentían “estafados e defraudados” polos cambios, que consideraban “non son obxectivos”.


Tamén o secretario xeral provincial do PSOE en Ourense, Raúl Fernández, presentara un recurso ante os órganos federais do seu partido para pedir a anulación da candidatura da súa provincia ás eleccións galegas do próximo 25 de setembro.

relacionada ​Crise no PSdeG polos cambios nas listas
relacionada Los socialistas ourensanos, "defraudados y estafados" por el "cambiazo" en las listas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE