#Claves de la semana

O goberno de Lugo defende que a adxudicación das casetas do polbo foi "legal"

Din que tanto a normativa europea e como a lei de contratación pública identifican a oferta económica como criterio de adxudicación e engadiu que se realizou por concorrencia pública e con sobre pechado.


|

Casetaspulpo


Tras a polémica pola adxudicación das casetas do polbo do San Froilán ata 2019, o portavoz do equipo de goberno do Concello de Lugo, Miguel Fernández, defendeu este mércores que "non hai caso polbo", porque a adxudicación de tres das catro casetas e tres dos catro caldeiros de polbo do San Froilán á consultora madrileña Bruxa Consulting foi "absolutamente legal".


O goberno insistiu en que o proceso de adxudicación foi "absolutamente legal" co seguimento "escrupuloso" das bases técnicas da licitación.


Fernández explicou que tanto a normativa europea e como a lei de contratación pública identifican a oferta económica como criterio de adxudicación e engadiu que se realizou por concorrencia pública e con sobre pechado para asegurar a transparencia e a igualdade de oportunidades.


O Concello de Lugo abriu antonte os das propostas e adxudicou tres das catro casetas á consultora madrileña Bruxa Consulting, por 28.030,94, 25.027,30 e 28.030,94 euros para cada unha delas. A cuarta foi outorgada a Torre de Núñez por 16.650 euros. Deste xeito, quedaron fose Aurora do Carballiño, o grupo A Palloza e Manolo de Marce, que ocuparon casetas durante décadas.


Os prezos de saída para as catro casetas oscilaban entre os 16.627,33 e os 18.772,79 euros, polo que a oferta de Bruxa Consulting incrementou nalgún caso en máis de 10.000 euros a cantidade mínima esixida polo Concello.


Con respecto aos caldeiros, Bruxa Consulting gañou o concurso de tres deles, por 15.043,98 euros, 18.193,17 euros e 15.040,20 euros, respectivamente. O restante foi concedido a Francisco Javier Irimia por 18.193,93 euros. Os prezos de saída oscilarán entre os 10.375,46 e os 11.714,22 euros.


CRÍTICAS DA OPOSICIÓN


O Grupo Municipal do PP, en voz de Antonio Ameijide, advertiu de que a montaxe das casetas do polbo "podería estar no aire" debido aos prazos marcados polo concello.


"A mala planificación e o atraso na adxudicación destas instalacións deixou sen plan B ao goberno no caso de que a adxudicataria no prazo de dez días hábiles non entregue a documentación ou apareza calquera problema", ha deninciado o viceportavoz popular.


Con respecto ao proceso de adxudicación, lamentou que "non se primase nin esixise experiencia no sector da hostalería", no apartado de melloras.


O portavoz do BNG-Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, anunciou que levará a pleno unha proposta para pedir que os grupos políticos volvan ter presenza nas mesas de contratación nas xuntas de compras para evitar "o que pasou coas casetas do polbo" que, ao seu xuízo, "reflicte a falta de transparencia que existe no concello".


"Durante o período que levamos de mandato debateuse a respecto da necesidade dunha maior transparencia nas institucións públicas, que garanta un funcionamento máis xusto e máis controlado das execucións do goberno", reclamou.



relacionada ​Los pulpeiros clásicos de San Froilán se quedan sin caseta los próximos 4 años
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE