O país das delicias... fiscais

Manuel Fernando González Iglesias

Carceller 1


Neste país no que temos a propiedade do Xardín das Delicias do Bosco, somos capaces de presentar a realidade coma se fose a pintura do xenial pintor dos antigos Países Baixos que se expón no Prado. Así, é posible que un Fiscal te denuncie por un delito fiscal de 73,32 millóns de euros e non te metan no cárcere durante 49 anos, porque es tan inmensamente rico que te podes permitir pagar unha multa de 90 millóns de euros, que é o que decidiron facer Don Demetrio Carceller Arce, presidente da cervexeira Damm e o seu honorable pai Don Demetrio Carceller Coll.


Ou sexa: que se tes unha gran fortuna líbraste da trena pagando un pouco máis do que deberías cotizar como empresario solvente e de honradez probada, algo que Facenda e a Xustiza deben valorar moitísimo, porque a min e a calquera cidadán non nos pasa iso cando nos toca cotizar, que é case sempre.


Esta mesma mañá, sen ir máis lonxe, acompañei ao contable da empresa que administra este diario á delegación que o Señor Montoro ten na barcelonesa Praza Letamendi a cumprir con carácter de urxencia coa nova normativa que se inventou o Goberno en funcións sobre a chamada "sinatura electrónica", que ata agora era un servizo gratuíto que che daba o Banco de España e do que só te preocupabas para renovar cada dous anos, que era cando te avisaban, e que agora, sen xustificación de ningunha clase, modifícano para que pagues un novo imposto, o teu e todos os autónomos de España, ademais das pequenas e medianas empresas. Pódense Vds. imaxinar canta pasta é iso? Como poderán supoñer facilmente lendo a noticia da familia Carceller a un se lle queda cara de pato a la orange a piques de ser devorado nunha animada cea familiar.


O dito, este é "o país das delicias", que non o fantástico xardín que nos regalou o xenial pintor ¿holandés? O que segue a continuación, é moi fácil de entender. Vou ao bar e pido unha Voll-Damm, que é de gradación para alemáns, nunha eliminatoria de Champions, no van intento de esquecer o meu triste papel de "pagafantas fiscal" e de paso, engordar a conta de resultados da cervexeira Damm para que esta familia de cataláns ilustres se sigan a rir de Montoro e as leis, sen que lle pase absolutamente nada. E, entón, párome cando estou ante a barra e o camareiro pregúntame que vou tomar. E?, mentalmente me contesto: Por que non me bebo unha Estrella de Galicia ou talvez, unha boa birra artesá e lle fodo a marxe empresarial a estes perlas?

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE