​Unha folla de ruta para dinamizar a Galicia labrega e rural o 25S

|

ReunionSLGconenmarea


O Sindicato Labrego Galego vén de iniciar unha rolda de contactos cos principais partidos políticos que se presentan ás Eleccións Galegas do 25 de setembro para compartir con eles o que denominan "un programa de accións necesarias para termos un medio rural vivo". 


O sindicato plantexará aos partidos políticos con posibilidade de obter representación parlamentaria, que se garanta no programa de goberno para o vindeiro 25S que "a agricultura, a gandería ou a silvicultura sexan motores dos espazos rurais" pois consideran que isto contribuirá a crear emprego e dinamizar a economía ao tempo que se "preserva a biodiversidade e se adopta unha alimentación de calidade".


A primeira xuntanza para compartir as propostas do SLG tivo lugar en Compostela hoxe, e nela reuníronse a secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, co deputado de En Marea, Antón Sánchez García, que foi a primeira formación política en contestar ao ofrecemento feito pola organización agraria aos principais partidos que concorren aos comicios galegos. O Bloque Nacionalista Galego tamén aceptou o convite, e manterá un encontro cunha comitiva do SLG a semana que vén.


Desde o sindicato afirman que as súas propostas representan "unha alternativa ás actuais políticas agrarias" que según din, "obedecen aos intereses de grandes grupos financeiros e industriais" e van " en contra dos intereses dos labregos e das labregas", ao primar "os baixos prezos en orixe para maximizar os beneficios dos intermediarios".


Coa intención de "reverter esta situación", desde o Sindicato Labrego Galego veñen de elaborar un documento con "alternativas realistas e viables"



relacionada Vacas no canto de tractores para protestar polo baixo prezo do leite
relacionada ​Poñer en valor o monte, entre as propostas para "rescatar o campo" o 25S

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress