PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • CRTVG
  • cambio de hora
  • xunta galicia
  • eólica

O Camiño Primitivo traza a ruta dos Dereitos Humanos

Coa colocación das dúas primeiras placas na capital asturiana iníciase o proxecto para colocar 30 placas ao longo do Camiño Primitivo que reflictirán os artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948. 

Redacción
Redacción
| lunes, 12 de septiembre de 2016, 13:54
  • 0
ARCHIVADO EN | camino primitivo camiño santiago declaracion universal derechos humanos Peregrinos

Dereitoshumanoscamioprimitivo


A fundación estadounidense International Solidarity for Human Rights (ISHR) inaugurou este luns en Oviedo a Ruta dos Dereitos Humanos do Camiño de Santiago. En colaboración co Concello de Oviedo procedeuse a descubrir as dúas primeiras placas, dun total de 30, que ao longo do Camiño Primitivo reflectirán os artigos da Declaración Universal de Dereitos Humanos de 1948.


Durante a presentación, celebrada no ovetense Teatro Campoamor, o concelleiro de Cultura, Roberto Sánchez Ramos, describiu esta acción pioneira en Europa como "marabillosa".


Na súa intervención, o edil manifestou que a reclamación dos dereitos humanos "non é un acto do pasado senón do presente", especialmente nuns momentos onde "miles de guerras ao longo de todo o mundo" están a provocar máis mortes, desprazados e migracións que cando se redactou a Declaración (1948), inmediatamente despois do conflito "global" que foi a II Guerra Mundial.


A presidenta de ISHR, Elisabeth Sánchez, destacou que o Camiño de Santiago, "cos seus valores de solidariedade", é a "representación ideal do que son os Dereitos Humanos". Así, con esta iniciativa preténdese que os peregrinos colaboren na "divulgación e o coñecemento" dos trinta artigos da Declaración.


Esta Ruta, que se iniciou o ano pasado, comezou a facerse realidade este luns coa colocación das dúas primeiras placas na capital asturiana. A primeira placa co articulo número 1 da Declaración Universal, 'Todos nacemos libres e iguais', foi descuberta esta mañá no Colexio Dores Medio.


A segunda destas placas, realizadas polo artista Eladio de Moura, foi descuberta no Albergue de Peregrinos de Oviedo co lema 'Teño dereito a non ser discriminado'. Nesta primeira fase da Ruta, 9 membros de ISHR realizasen o camiño primitivo e descubrirán outras catro placas máis nos concellos de Grao, Salas Tineo, Allande para terminar colocando en Santiago de Compostela a que será a placa final da Ruta.


A ruta dos Dereitos Humanos estará terminada o ano que vén cando se empracen o resto das 30 placas que lembrarán os 30 dereitos humanos universais.


No acto, estiveron presentes outros colaboradores na iniciativa como a directora de Where is Asturias, Begoña López, o autor das placas, o escultor Eladio de Moura, xunto a Laureano García, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Astur Galaico, e Santiago Fernández, director xeral da Fundación Valdés-Salgas.


García destacou que a "maior grandeza" do Camiño é que "iguala ás persoas que o percorren". Ademais, sinalou a identificación da ruta co propio Camiño onde as asociacións que traballan diariamente cos camiñantes reciben destas "grandes leccións" profundamente ligadas ao que representa a Declaración Universal como son os exemplos de "solidariedade, de compartir e de non preguntar a ninguén, quen é nin de onde vén".


relacionada Leiceaga reivindica 'cuidar mejor' del Camino de Santiago
relacionada La accesibilidad, el reto del Camino de Santiago
relacionada ​Rescatan en buen estado a dos peregrinos perdidos desde el viernes
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

El Sergas, "abierto" a reunirse con los colegios médicos, defiende que el sistema XIDE para dar citas está "consensuado"

Desalojan varias aldeas por la cercanía del incendio de Baleira (Lugo), que afecta ya a 200 hectáreas

La Diputación de Lugo abre plazo para inscribirse en actividades gratuitas en Terras do Miño y Os Ancares

Sube el billete pero no el sueldo: Vitrasa irá a la huelga durante las fiestas de A Reconquista de Vigo

Cabeceralomasleido 1
1
¿Cómo será el tiempo en Galicia en Semana Santa? Mejoría a partir de la tarde del próximo domingo
2
En estos municipios de Galicia ya hay más censados viviendo en el extranjero que en el propio pueblo
3
Se extienden las alertas por viento en los próximos días en casi toda Galicia con rachas de hasta 80 km/h
4
Monbus decreta "servicios mínimos en todas las líneas" ante la huelga y los sindicatos dicen que "no son mínimos"
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora