#Claves de la semana

​Tres incendios activos en Galicia

Declarada a 'situación 2' como medida preventiva no incendio de Sandiás. O incendio de Laza segue activo e o gran incendio de Entrimo está a estas horas controlado.


|

Incendiocambabriflaza 1


A Consellaría de Medio Rural vén de declarar como medida preventiva a 'Situación 2' no incendio forestal activo agora no concello de Sandiás, pola proximidade do luma ao núcleo de Coalloso.


O incendio iniciouse ás 15:35 horas e permanece activo. No seu control traballan un axente, nove brigadas, cinco motobombas, dous helicópteros e catro avións.


LAZA


Activo un incendio no concello ourensán de Laza, parroquia de Camba, que comezaba ás 00:25 horas desta madrugada e que, segundo as primeiras estimacións, supera as 20 hectáreas. Na súa extinción traballan 5 axentes, 9 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.


ENTRIMO


Permanece controlado desde as 20:30 horas de onte o lume do concello ourensán de Entrimo, parroquia da Illa, que comezou o martes ás 18:46 horas e que tamén afectou o municipio lindeiro de Lobios. 


Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 2.800 hectáreas, das cales 700 son arborizadas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 60 axentes, 157 brigadas, 80 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais e bombeiros comarcais.



relacionada ​O incendio no Hospital de Pontevedra tivo tres focos e foi "provocado"
relacionada ​Dos detenidos como presuntos autores de una docena de incendios
relacionada Controlado o enorme incendio de Entrimo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE