#Claves de la semana

Controlado o incendio de Cualedro que queimou 500 hectáreas

Os outros lumes forestais iniciados onte na provincia de Ourense están tamén baixo control despois dunha tarde e unha noite de intensa loita.


|

Cualedroincendio

Incendio de Cualedro. //Foto: @PCVerin twitter


Os incendios forestais rexistrados nos municipios ourensáns de Cualedro --onde arderon unhas 500 hectáreas--, Monterrei, Laza e Entrimo e no lucense de Cervantes atópanse controlados na mañá deste martes.


Segundo informou este martes a Consellería do Medio Rural, ás 9,59 horas quedou controlado o lume na parroquia de Xironda en Cualedro tras iniciarse ás 14,20 horas do luns e queimar unhas 500 hectáreas e que se estendeu cunha "virulencia atroz".


Medio Rural puntualizou que neste caso está desactivada a 'situación 2' que se activou pola proximidade do lume ás casas o luns.


Para o seu control foron mobilizados un técnico, 10 axentes, 17 brigadas, nove motobombas, catro pas e catro helicópteros. Tamén colaborou a UME, voluntarios de Protección Civil e bombeiros comarcais.


Tamén desde as 9,59 horas deste martes está controlado o lume que se iniciou ás 16,58 horas do luns na parroquia de Rebordondo en Monterrei e que afectou a unha superficie que supera as 20 hectáreas.


QUEIMADAS 2.800 HECTÁREAS EN ENTRIMO


Medio Rural sinalou que segue controlado desde as 20,30 horas do luns o lume declarado na parroquia da Illa en Entrimo e que tamén afectou ao municipio lindeiro de Lobios. Neste caso a superficie afectada sitúase nunhas 2.800 hectáreas, das cales 700 son arborizadas.


EXTINGUIDOS


Medio Rural dá por extinguidos os dous incendios que estaban xa controlados no concello de Laza. O da parroquia de Camba arrasou, finalmente, 67,6 hectáreas de superficie rasa. O lume que afectou a parroquia de Castro do mesmo municipio e que quedou controlado esta mañá chegou ás 120,66 hectáreas segundo as estimacións provisionais.


Tamén extinguido ás 1,50 horas deste martes o incendio rexistrado no municipio de Sandiás (Ourense) tras queimar unhas cinco hectáreas, dúas delas de arboledo.


Así mesmo, está estinguido o lume que se iniciou ás 23,59 horas do domingo na parroquia de Vilarello en Cervantes e que afectou a unhas 27 hectáreas, delas 10 de arboledo. 


Ás 4,46 horas deuse tamén por extinguido o lume que comezou ás 16,00 horas do luns na parroquia de Boadela a Pinta en Xunqueira de Ambía (Ourense), onde resultaron queimadas unhas 80 hectáreas, 20 delas de arboledo.


E desde as 8,44 horas deste martes está extinguido tamén o incendio forestal declarado ás 20,46 horas do luns na parroquia de Reigada de Manzaneda, que afectou a 25 hectáreas de monte raso.

relacionada Estabilizado o incendio de Cualedro despois de queimar 500 hectáreas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE