#Claves de la semana

​Este xoves, último día para solicitar o voto por correo

Unha vez feita a solicitude, persoalmente e nunha oficina, chega ao domicilio a documentación para exercer o voto.


|


Correos


O prazo para presentar o voto por correo para as próximas eleccións ao Parlamento de Galicia remata este xoves día 15.


A modalidade de voto por correo está dirixida a aqueles electores que na data da votación teñan prevista a súa ausencia da localidade onde lles corresponde exercer o seu dereito a voto. En todo caso, pode votar tamén quen, por enfermidade ou incapacidade física, non se poida presentar no lugar da votación.


Nas eleccións xerais do 26 de xuño, votaron por correo uns 70.000 galegos, un incremento de máis dun 86% con respecto aos que o fixeran nas eleccións do 20 de decembro.


A solicitude débese formular persoalmente e, para ela, os interesados deberán cumprimentar e asinar o impreso de solicitude do voto que se atopa en todas as oficinas de Correos de España. O formulario online está dispoñible para poder descargar, cubrir e entregalo en calquera oficina.


A delegación do censo electoral correspondente enviará por correo certificado entre os días 5 e 18 de setembro, ao domicilio indicado, a solicitude do voto por correo e a documentación necesaria para exercer o voto.


Unha vez recollida persoalmente esta documentación, o elector debe remitir sobre coa documentación por correo certificado ata o 21 de setembro. O sobre non necesita franqueo, é un proceso gratuíto.

relacionada ​Más de 70.000 gallegos votaron ya por correo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE