#Claves de la semana

​UU.AA. tacha de "aberración" que a redución de produción láctea sexa voluntaria

Os produtores poden solicitar as axudas de 14 céntimos por litro que deixen de producir con respecto ao mesmo mes do ano pasado ata o día 21.


|

Lecheleitelacteo


O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, tachou de "aberración" a proposta da Comisión Europea para regular o mercado lácteo con incentivos voluntarios de abandono temporal da produción de leite.


Os produtores poden solicitar as axudas de 14 céntimos por litro que deixen de producir con respecto ao mesmo mes do ano pasado ata o día 21.


Segundo detallou García, "non ten ningunha lóxica" que a UE tente regular un mercado de forma voluntaria, porque "nos se pode atopar que aínda que haxa xente que se acolla á medida, paradoxalmente, a final de ano pode haber máis leite, porque "ninguén prohibe seguir aumentando a produción a quen o desexe".


Así mesmo, Roberto García apunta que ao ter que reducir polo menos 1.500 quilos mensuais a produción con respecto ao mesmo mes do ano anterior, serán poucos os gandeiros que poidan afrontalo. "Acollerase xente que xa se ía a retirar ou explotacións que teñan que sacrificar animais por baixas producións", explicou.


Ademais, Roberto García avisa de que pode volver rexurdir o famoso "leite negro" existente en épocas de existencia das cotas lácteas. "Pode haber primeiros compradores que declaren o leite dun gandeiro coma se fóra doutro para beneficiar a algunhas partes", advertiu.


Para Roberto García, unha solución deste tipo para o sector debería pasar por "unha medida de redución obrigatoria para os países que máis creceron en produción nos últimos meses, Holanda e Irlanda".



relacionada ​Bruselas detalla las medidas para reducir la producción de leche ante la crisis láctea
relacionada UUAA advirte que as axudas europeas traerán "a picaresca do leite negro"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE