#Claves de la semana

O sector pesqueiro clama "un cambio de rumbo" de cara ao 25S

Este venres reunirá a PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos para esixirlles "compromisos".


|

Pesca galicia


O sector pesqueiro galego trasladará as súas demandas este venres, 16 de setembro, ás forzas políticas para a nova lexislatura na Comunidade.


O pasado 21 de xuño o sector do mar --con participación de confrarías, produtores de mexillón e sindicatos, entre outros-- reuniuse con PP, PSdeG, BNG, En Marea, así como Ciudadanos, para esixirlles "compromisos" co fin de conseguir "un cambio de rumbo" nas políticas actuais.


De novo, nesta ocasión o sector pesqueiro cita ás mesmas forzas para abordar a "grave situación" que atravesa o sector pesqueiro, do que dependen 33.000 empregos directos, co fin de que inclúan nos seus programas as súas propostas.


A cita será ás 16,30 horas o 16 de setembro no edificio Cersia de Santiago de Compostela, segundo informaron nun comunicado os impulsores do encontro.

relacionada Lesiones de columna y dolencias reumáticas, enfermedades del gremio de las mariscadoras
relacionada ​Marineros gallegos participan en Bruselas en un debate sobre los problemas de la pesca
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE