#Claves de la semana

​Ana Pontón: "Temos que confiar en nosas propias forzas"

O BNG pechou a campaña electoral cun acto central en Vigo, onde a candidata pediu o voto para construír unha "Galicia de oportunidades".


|

Anapontonpechecampaa

Peche de campaña en Vigo. //Foto: @obloque twitter


A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, pediu o apoio para a súa formación o vindeiro domingo a todas as persoas que "confían no país" para construír unha "Galicia viva e de oportunidades" na que "vivir e traballar con dignidade".

"Somos un pobo que ten todo por gañar pero temos que crelo, temos que confiar no país, confiar nas nosas propias forzas", manifestou este venres no mitin co que pechou a campaña electoral no hall do Auditorio Mar de Vigo, ante centos de persoas e precedida dunha actuación musical con gaiteiros.

Neste escenario, Ana Pontón erixiu ao Bloque na ferramenta para "avanzar" e dar paso cara á un país "con dereitos, con oportunidades, unha Galicia da igualdade na que se acabe coa precariedade e onde a xente teña futuro".

Así mesmo, a dirixente nacionalista fixo unha última apelación aos electores indecisos. "Sei que hai moitas persoas que están a dubidar que facer o vindeiro domingo, mesmo se ir votar. Pídolles a súa confianza --votasen o que votasen no pasado-- porque o BNG ten un proxecto para que saiamos adiante con nosas propias forzas", sinalou.

Deste xeito, animou aos cidadáns para "encher as urnas de votos do BNG" para "derrotar a Feijóo" e deixou claro que "é posible abrir un tempo novo con emprego, dereitos sociais e igualdade".


"EFECTOPONTÓN"

O BNG mostrouse convencido de que o apoio crecente xerado ao longo da campaña "traducirase en votos" no que denomina #EfectoPontón tras o papel de Ana Pontón o debate electoral entre os cinco candidatos das principais formacións celebrado o pasado día 12 de setembro.

A candidata á Presidencia da Xunta pechou a campaña en Vigo xunto ao cabeza de lista por Pontevedra, Luís Bará, entre outros candidatos como Montse Prado ou Marta Dacosta.

relacionada PERFIL | ​Ana Pontón, a candidata feminista que ten o reto de reter o electorado
relacionada Ana Pontón: "Somos o pobo de 'Nunca Máis', xente loitadora"
relacionada ​Pontón: "Os galegos somos máis modernos do que conta a TVG"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE