"Tolerancia cero" cos 'manteiros' no San Froilán

|

Topmanta


O subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, advertiu que haberá "tolerancia cero" cos "manteiros" durante as festas de San Froilán, que se celebra entre o 4 e o 12 de outubro na cidade amurallada, despois de que se decidira seguir esta estratexia nunha xunta de seguridade celebrada no Concello.


"Imos seguir mantendo a tolerancia cero cos manteiros. A Policía e forzas de seguridade do Estado coordinados nunha mesa técnica van deseñar unha estratexia para evitar calquera posibilidade", anunciou.


Carballo remarcou que "sempre que o Concello siga nesa liña, desde as forzas e corpos de seguridade do Estado imos colaborar coa Policía Local para cumprir ese desexo".


Ademais, anticipou que para esta edición das festas patronais da cidade de Lugo "deuse á comunidade senegalesa dez postos nas costas do parque (Rosalía de Castro) para que se instalen aí". "Esperamos que respecten eses postos concedidos e poxados polo Concello", concluíu.


relacionada ​A alcaldesa de Lugo pide unha reunión cos adxudicatarios das casetas do polbo
relacionada ​Hostaleiros de Lugo recorreron as bases do polémico concurso do polbo
relacionada ​Los pulpeiros clásicos de San Froilán se quedan sin caseta los próximos 4 años

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress