#Claves de la semana

​Jorge Suárez marca como límite esta semana para reorganizar o executivo

O alcalde de Ferrol ve vontade no PSOE de retomar o pacto de goberno e aposta por manter ás dúas concelleiras contrarias a Sestayo.



|

Jorgesuarezsestayo


O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), valorou "positivamente" as persoas que "cren neste proxecto", en alusión ás concelleiras socialistas María Fernández Lemos e Rosa Méndez, ambas as dúas contrarias á xestión da portavoz do grupo do PSOE e a que era tenente de alcalde, Beatriz Sestayo.


Así mesmo, rexeitou facer unha valoración da decisión tomada o pasado sábado, 1 de outubro, por parte da executiva provincial do PSdeG na Coruña, con respecto á situación que se vive na agrupación local da cidade naval. A executiva do PSOE na provincia da Coruña propúxose o sábado "recompoñer" a situación do grupo municipal socialista --actualmente dividido entre afíns e críticos coa líder local, Beatriz Sestayo--, para, a continuación, explorar se existen opcións de manter o pacto de goberno con Ferrol en Común.


"Parece que hai unha declaración de intencións de recuperar ou retomar o pacto de Goberno e iso saudámolo positivamente", dixo, á marxe de abundar en que non se "vai pronunciar sobre o que deciden os órganos superiores doutro partido".


Suárez, que se pronunciou así tras a xunta de goberno local, confirmou que a edil de Urbanismo e Mobilidade, Fernández Lemos (PSOE), a pesar de formar parte deste órgano, "non acudiu".


ESTA SEMANA COMO LÍMITE


O rexedor, de Ferrol en Común, tamén asegurou que marcaron "como límite finais desta semana para a reorganización do goberno". Este martes, 4 de outubro, haberá unha asemblea de Ferrol en Común para abordar esta situación, que o caso do grupo municipal xa tratou.


Suárez avanzou que "antes do venres farase a reasignación de competencias respectando, en principio, as áreas que teñen as dúas concelleiras do PSOE que decidiron permanecer no goberno á espera da resolución que adopten os órganos superiores do Partido Socialista".


O alcalde ferrolán lembrou que "as actas son individuais e ata que non conste a renuncia expresa das concelleiras, non van reorganizar "esas áreas". "Queremos que o PSOE siga connosco", dixo.


A preguntas dos medios de comunicación, Jorge Suárez rexeitou sentirse "traizoado" polo Partido Socialista e así considerou que esta formación está a vivir "un auténtico 'tsunami' a todos os niveis, pero segue sendo aliado, tras aprobar un programa de Goberno". "E nós seguimos esperando polas súas resolucións e pensamos que podemos gobernar esta cidade para ben", apostilou.


NEGOCIACIÓN DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO


O alcalde de Ferrol tamén asegurou que iniciará "agora, xa de inmediato" a negociación co resto de grupos municipais con representación neste municipio unha modificación de crédito, por un importe superior aos 915.000 euros, para poder atender algunhas "necesidades básicas", tras ser rexeitada no último pleno ordinario cos votos do grupo do PP e de tres dos cinco membros do PSOE.


Segundo Suárez, hai "cousas que son ineludibles". Así, referiuse ao pago a pequenas empresa da comarca, as horas extraordinarias, en nocturno e festivos dos traballadores municipais, algúns contratos pendentes de adxudicación en varios barrios e o arranxo do local de Arraigamento, no barrio de Recimil.


EDUSI


Doutra banda, Jorge Suárez tamén indicou que os municipios de Ferrol e Narón quedaron excluídos na primeira convocatoria de axudas do plan Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (EDUSI), e ao que se presentaron ambos os municipios cun proxecto conxunto para lograr un investimento por uns 15 millóns de euros de fondos europeos.


O alcalde de Ferrol apuntou, respecto diso, que haberá unha segunda convocatoria, cuns 36 millóns de euros para asignar a toda Galicia, e a ela volverá optar o Concello, xa que "se hai unhas cidades que por datos sociolóxicos e de deterioración urbanística merecen estas axudas, (elas) son Ferrol e Narón".

relacionada ​Intentos para "recompoñer" o pacto de goberno en Ferrol
relacionada ​Jorge Suárez agarda que o PSOE siga no goberno de Ferrol
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE