​O Concello de Lugo espera superar os 600.000 visitantes no San Froilán

|

Casetapulposanfroilan


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, confía en que se superen os "600.000 visitantes" para as festas patronais de San Froilán, que arrincan este martes día 4 e conclúen o próximo 12 de outubro.


Sen facer referencia á polémica polas casetas do pulpo, a rexedora afirmou "será determinante o tempo", que se prevé anticiclónico, posto que o "espectáculo está asegurado con máis de 200 actos encamiñados a todos os públicos e gustos".


A alcaldesa destacou que se dedica un día ao Camiño Primitivo, para o que se convidou ao alcalde de Oviedo e ao de Santiago "nese inicio e nese fin do traxecto" desta ruta que representan ambas as cidades e que foi declarado en 2015 Patrimonio da Humanidade pola Unesco.


Tamén anunciou que se vai "traballar" para que o San Froilán sexa declarada Festa de Interese Turístico Internacional e así se fará "unha difusión a través dunha emisora pública de Portugal, que abre unha porta internacional á proxección da cidade".


Sosténdose nos datos do pasado ano, Lara Méndez espera igualmente que as festas "teñan un retorno de 11,5 millóns de euros", para Lugo, ou mesmo que superen esta cantidade.


ARRINCAN AS FESTAS


As festas arrincan esta tarde ás oito e media co pregón a cargo do xornalista de Radio Lugo Paco Nieto, que adiantou que será "un pregón moi sentido, de veciño" e no que vai falar "de moita xente do común" e vanse " a lembrar moitos nomes que alí se van a citar".


"Tamén quero facer unha chiscadela a certas persoas vitais na cultura de Lugo e que me parece que teñen que ter un recoñecemento por parte da cidadanía. Vai estar feito co corazón", explicou.


E como aperitivo a este San Froilán, o vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, inaugurou este martes na Praza Anxo Fernández da cidade, acompañado da alcaldesa, a vixésimo edición de ArteSanFroilán.


Trátase dunha mostra organizada pola Deputación, na que participan 25 artesáns baixo unha carpa que permanecerá instalada ata que conclúan as festas nesa emblemática praza que se atopa detrás da Casa Consistorial.



relacionada "Tolerancia cero" cos 'manteiros' no San Froilán
relacionada ​Los pulpeiros clásicos de San Froilán se quedan sin caseta los próximos 4 años

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress