#Claves de la semana

​O Cuponazo da ONCE deixa 550.000 euros en Santiago de Compostela

Ricardo, que ocupa un quiosco na Praza de Galicia, sabe que a maioría dos premios leváronos clientes habituais, aínda que algún cre que tocou a algún turista e clientes ocasionais.


|

Plazadegalicia2

//ecosinvoz


O sorteo do Cuponazo da ONCE do venres 7 de outubro deixou 550.000 euros en Santiago de Compostela, ao resultar premiados 22 cupóns con premio ás cinco cifras, 25.000 euros cada un. O axente vendedor da ONCE Ricardo Silva Maio é quen levou a sorte aos composteláns.


Todos os cupóns premiados vendeunos no quiosco que ocupa na Praza de Galicia (esquina a Hórreo, número 1), excepto catro deles que os deixou no bar Cristela. Ricardo sabe que a maioría dos premios leváronos clientes habituais, aínda que algún cre que tocou a algún turista e clientes ocasionais.


Ricardo Silva, un compostelán de 58 anos, vende produtos de xogo da ONCE na Praza de Galicia desde hai 9 anos, aínda que a súa relación coa ONCE iniciouse 1987, cando perdeu a visión despois de loitar desde os tres anos cunha enfermidade dexenerativa.


O Cuponazo da ONCE ofrece todos os venres, por tres euros, un premio ás cinco cifras máis serie de 9 millóns de euros, e seis segundos premios de 100.000 euros a outras tantas extraccións, tamén con serie.


Os cupóns da ONCE comercialízanse polos 20.000 axentes. Grazas ao Terminal Punto de Venda (TPV), o cliente pode elixir o número que máis lle guste.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE