#Claves de la semana

O Partido Animalista é a sexta forza en Galicia, por diante de CxG

O DOG publica hoxe os resultados oficiais do 25S, que ratifican unha participación de aproximadamente a metade do censo. 


|

Santuarioanimales


Case a metade dos votantes galegos que acudiron ás urnas o domingo 25 de setembro --682.150 de 1.448.962-- optaron polo PPdeG, que logrou revalidar os seus 41 deputados. Así mesmo, En Marea, aínda que empatou en 14 escanos co PSdeG, logrou converterse en segunda forza en votos ao sumar un total de 17.142 votos máis.


Así o ratifica o acordo do 10 de outubro de 2016 da Xunta Electoral de Galicia, que publica este martes o Diario Oficial de Galicia(DOG), unha vez computado o voto exterior --que mantivo o noveno escano para o PP en Ourense-- e resoltos os recursos pendentes.


Deste xeito, do censo total de electores (2.701.932), o acordo publicado polo DOG computa unha participación de 1.448.962 galegos e unha abstención de 1.252.970. En total, houbo 1.420.381 sufraxios a candidaturas e 14.037 en branco --1.434.418 válidos--. Os votos nulos foron 14.544.


PACMA, POR DIANTE DE CxG


Por partidos, o PPdeG obtivo 682.150 votos; En Marea, 273.523; PSdeG 256.381; BNG, 119.446 e Ciudadanos (C's), 48.553. En sexto lugar sitúase o Partido Animalista, con 15.135 sufraxios, seguido de Democracia Ourensá (7.723) e Compromiso por Galicia (4.109). O Partido Anticorrupción e Xustiza logrou 2.535 votos.



Compromiso por Galicia anunciaba o día 1 de outubro a decisión do partido de impulsar un "reinicio" tras os "malos" resultados nas eleccións galegas, polo que o secretario xeral, Xoan Bascuas, non se presentará á reelección no mes de xaneiro de 2017. 


Á súa vez, 'Gañemos Galicia: Si se pode' logrou 2.344 sufraxios e Recortes Cero-Grupo Verde, 2.276. Por baixo dos 2.000 sufraxios quedaron Cidadáns-Centrum (1.534), Partido Comunista dous Pobos de España-Comunistas de Galiza (1.263), Escaños en Blanco (1.111), Acción Democrática Ciudadanos de Galicia (651), Converxencia Vinteún (493), Alternativa Independente de Galicia (367), Unidos por el futuro! (296), Vía Nova Galicia (281) e Partido Libertario (210).


Por provincias, o PPdeG foi o máis votado nas catro e En Marea situouse por diante do PSdeG nas provincias atlánticas, A Coruña e Pontevedra. Así as cousas, a repartición de deputados consolídase con 41 para o PPdeG, 14 para En Marea e outros tantos para o PSdeG, e seis para o BNG.

relacionada ​Só Pacma e os populares soben en número de votos
relacionada Investigado un vecino de Ares por el abandono de seis cachorros de mastín
relacionada ​El PPdeG de Feijóo logra su tercera mayoría absoluta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE