A Mesa apoia aos afectados polo ERE de Extel reclamando atención ao cliente en galego


|

Amesaextel


A Mesa Pola Normalización Lingüística iniciará unha campaña de apoio aos traballadores de Extel reclamando atención en galego no servizo de atención ao cliente, segundo informa tras unha reunión con representantes das seccións sindicais nesta empresa e ante o anuncio de 205 despedimentos no centro da Coruña.


Á reunión, asistiron o presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a responsable comarcal, Xela Armas, ademais de representantes das seccións sindicais en Extel da CIG, CXT, UXT e CC.OO.


No encontro, acordaron levar a cabo unha serie de accións conxuntas "encamiñadas a que Movistar garanta o total dos empregos na Coruña, imprescindibles para garantir a opción de atención en galego", sinala.


En concreto, indica que haberá chamadas "masivas" ao servizo 1004 solicitando atención en galego, en concreto o 14 de outubro, coincidindo coa folga convocada en Extel. Ese mesmo día, realizarase unha acción nas redes sociais" facendo uso dos hashtag #NonAoEreEnExtel #QueremosGalego, etiquetando con HT #1004Responde e @movistar_es", explica.


Tamén pedirán a todos os concellos galegos que aproben mocións onde soliciten a Movistar atención en galego "e a súa disposición de cambiar as compañías que si dean esta opción", apostila A Mesa pola Normalización Lingüística nun comunicado.

relacionada 205 trabajadores de Extel en A Coruña se verán afectados por el ERE
relacionada ​A Mesa denuncia que Ferroatlántica non permite usar o galego nas reclamacións internas
relacionada A Mesa denuncia a "barbarización" da toponimia galega nos medios

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE