#Claves de la semana

Cabazas para a Xunta polo 'suspenso' da Consellería de Educación

Anxo Louzao da CIG-Ensino ou Alberte Mera de Galiza Nova acudiron ao edificio da Xunta en San Caetano para enviar un paquete de cabazas co fin de criticar o seu "empeño" en continuar co "atropelo" da 'Lei Wert'.


|

Cabazasxuntaensinosuspenso


As cabazas foron as protagonistas este xoves dunha nova iniciativa reivindicativa coa que a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público quixo simbolizar o "inmenso suspenso" da xestión da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria respecto ao desenvolvemento da Lomce en Galicia e a implantación das chamadas 'reválidas'.


Diversos representantes desta organización, como Anxo Louzao da CIG-Ensino ou Alberte Mera de Galiza Nova, acudiron ao edificio administrativo da Xunta en San Caetano para enviar un paquete de cabazas ao conselleiro Román Rodríguez, co fin de criticar de forma simbólica o seu "empeño" en continuar co "atropelo" da 'Lei Wert'.


En declaracións aos medios, Louzao reprochou a "actitude sumisa" da Consellería "aos mandatos do ministerio" respecto desta norma, e trasladou a súa "vontade firme de continuar combatendo" para que tanto as probas como lei educativa "pasen á historia".


"TIRANÍA" CARA AO ALUMNADO


Para o responsable da CIG-Ensino, o modelo de 'reválidas' é un paso máis "cara ao elitismo e o clasismo" e a implantación dun sistema "competitivo e neoliberal", dado que "despreza" o traballo de avaliación continua do profesorado e supón "unha verdadeira tiranía cara ao alumnado".


"Unha proposta ideolóxica ancorada no Franquismo e retrógrada", criticou, que este ano se estende ás etapas de 4º de ESO e 2º de Bacharelato, requisito para acceder á universidade, e que terán "valor académico" en 2018.


"Con este acto entregamos unhas cabazas simbólicamente para que tome nota e deixe de actuar con irresponsabilidade", advertiu, lembrando que as probas de 3º e 6º de primaria canalizaron o "rexeitamento" de "máis do 80 por cento das familias" de centros públicos.


CALENDARIO


Louzao tamén sinalou que esta acción enmárcase nun calendario de mobilizacións que pasarán por concentracións en todos os centros e un referendum de alumnado o día 20 e unha chamada "ao paro en contra as reválidas" o próximo 26 de outubro, xornada de folga de alumnos en todo o Estado.

relacionada Un mes de outubro repleto de mobilizacións contra a Lomce
relacionada As Universidades españolas pedirán ao Goberno un ano máis de Selectividade
relacionada Centros escolares acollen un 'referendo simbólico" sobre a LOMCE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE