#Claves de la semana

Denuncian o "peche" de estacións e "supresión" de servizos ferrovarios

En Marea anuncia iniciativas no Congreso para reclamar investimento nas liñas convencionais. 


|

Renferegional



O coordinador do sector ferroviario de CCOO en Galicia, Severino Rodríguez, denunciou o "peche" de estacións e "supresión" de servizos en Galicia, ademais de falta de investimentos, polo que cualificou a situación de "practicamente insustentable".



Pola súa banda, tras reunirse con representantes deste sindicato, a deputada de En Marea no Congreso Yolanda Díaz anunciou a presentación de iniciativas nesta lexislatura para reclamar investimentos nas liñas convencionais.



En rolda de prensa, ao termo da reunión, o representante de CCOO tachou de "practicamente insustentable" a situación nas liñas "da antiga Feve". "Están a producirse peches de estacións, supresións de servizo por falta de persoal para a condución, falta de mantemento de persoal", expuxo como exemplos.



Mentres, denunciou un "abandono de proxectos" entre os que citou o caso do Eixo Atlántico "entre A Coruña e Ferrol e o saída sur de Vigo cara a Portugal", expuxo. Na mesma liña, aludiu "ao abandono de investimentos para a mellora e modernización de liñas convencionais", engadiu. Á vez, denunciou a "externacionalización" de servizos de mantemento de infraestruturas.



TRAZADOS DE 1913



Por todo iso, o dirixente de CCOO reclamou que os investimentos se centren nas liñas de proximidade, en coincidencia co manifestado tamén por Yolanda Díaz, quen rexeitou "obras faraónicas".



"Cun quilómetro de investimento na liña do AVE, pódense facer moitas melloras nas convencionais", resumiu Severino Rodríguez ao reclamar unha modernización para liñas como a da Coruña-Ferrol "cun trazado de 1913".



INICIATIVAS



Mentres, Yolanda Díaz reivindicou a necesidade de ter en Galicia un sistema ferroviario "adecuado" para garantir "a cohesión social e económica". Para iso, anunciou que, unha vez que comece a nova lexislatura, presentarán iniciativas para evitar o "illamento" no que, ao seu xuízo, se atopan "moitas comarcas".



Sobre as súas propostas, a deputada de En Marea precisou que non se centrarán en reclamar "grandes obras faraónicas". "Senón mellorando as vías de comunicación convencionais como a electrificación".



"Galicia non poderá competir en igualdade de condicións con outras zonas do Estado mentres non teñamos un sistema ferroviario de proximidade forte", sentenciou. Para iso, rexeitou tamén "políticas privatizadoras erradas", sinalou en alusión ao Ministerio de Fomento.

relacionada ​Abel Caballero: "Utilicemos convoyes del S. XXI"
relacionada Impulso ás comunicacións ferroviarias na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE