#Claves de la semana

​A fadista portuguesa Ana Moura presenta en Santiago o seu último disco

Será o día 5 de novembro, a partir das 21,00 horas, no Auditorio de Galicia


|

Anamoura


A fadista portuguesa Ana Moura presentará o sábado 5 de novembro en Santiago de Compostela o seu último disco 'Moura' no marco da súa xira 'On tour in Europe'. O concerto terá lugar no Auditorio de Galicia a partir das 21,00 horas e as entradas poden adquirirse por 18 euros anticipadas ou 22 euros en despacho de billetes.


Ana Moura é a artista portuguesa cunha carreira máis puxante na actualidade, con máis de 300.000 discos vendidos e máis dunha ducia de galardóns, entre os que destacan dous Globos de Ouro. Ademais, colaborou con iconas da música como Prince, os Rolling Stones ou Caetano Veloso.


A artista percorre Europa para presentar o seu sexto álbum, 'Moura' (Universal Music, 2015), que chegou a ser Disco de Ouro. No a fadista incorpora grandes nomes da música portuguesa como Carlos Tê, Samuel Úria, Jorge Curz, Edu Mundo ou sara Tavares. Tamén interpreta temas doutros músicos destacados, como Miguel Araújo ou Pedro dá Silva (Deolinda).


'Moura' sucede a 'Desenfado', o disco máis vendido en Portugal dos últimos anos, con cinco Discos de Platino. 'Desenfado' mantense no top de vendas no país veciños desde a data na que salio.

relacionada ​El MAC retoma su ciclo de conciertos de música didáctica 'Do, Re, Bip'
relacionada ​Bob Dylan, un atípico Nobel de Literatura 2016
relacionada ​Santiago cambia o Halloween polo Samaín
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE