#Claves de la semana

Proposta de coalición na Coruña

Mar Barcón di que a nace da "necesidade de reforzar un goberno que non é capaz de levar a cabo o cambio".


|

MareaAcorua.jpeg


O Grupo Municipal do PSOE no Concello da Coruña propuxo entrar a formar parte do goberno municipal, a través da fórmula dun "goberno de coalición" con Marea Atlántica, como "solución" para garantir a estabilidade.


En rolda de prensa, o portavoz socialista, José Manuel Dapena, sinalou esta fórmula como "a máis adecuada" para achegar estabilidade ao goberno municipal e "optimizar" a actual xestión levada a cabo pola Marea Atlántica.


Esta solución foi referendada pola Executiva do PSOE coruñés e así o explicitou a secretaria xeral, Mar Barcón, ao afirmar que "é necesario fortalecer o goberno para cumprir o compromiso de cambio de progreso que en 2015 votaron os coruñeses".


Os socialistas consideran que a entrada no goberno garante estabilidade plenaria, permite axilizar a xestión e axuda a definir un proxecto de cidade.


"DESEÑANDO ÁREAS E ASUMINDO RESPONSABILIDADES"


A solución proposta polo PSOE prodúcese pola "parálise" da cidade e pola "necesidade de reforzar un goberno que non é capaz de levar a cabo o cambio que votaron os coruñeses". "Non lle demos un cheque branco para que fixese o que quixese coa cidade", di Barcón, para lembrar así o apoio dos socialistas á investidura de Xulio Ferreiro como alcalde.


"O goberno proporíase deseñando áreas e asumindo responsabilidades", dixo Barcón, que insiste en que os socialistas non demandan "nin números nin concellerías".


Mar Barcón reiterou que o PSOE apoiou á Marea porque apoiaba o cambio e apoiou á Marea nos orzamentos, ordenanzas fiscais, modificativos e asuntos claves para a cidade, pero os resultados para a cidade non son os esperados e por iso o Partido Socialista propón entrar no goberno para "corresponsabilizarse" na xestión con traballo.


Na mesma liña, José Manuel Dapena indicou que "o momento é agora", despois de ver que a cidade non avanza e con tempo suficiente para "endereitar o rumbo". "O tempo bótase encima. Non hai meses nin semanas que perder", advirte.


O PSOE, segundo lembra, mantense á espera da resposta de Xulio Ferreiro, aberto a seguir dialogando sobre o marco previo negociador e o documento entregado polos socialistas a Marea Atlántica o 2 de agosto cos acordos pendentes por cumprir por parte do goberno local.

relacionada ​El PSOE de A Coruña aboga por acabar con la "confrontación" con la Marea Atlántica
relacionada ​Las ciudades de las mareas, en riesgo de contagio por la ruptura en Ferrol
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE