#Claves de la semana

Concentracións para reclamar que o Sergas estabilice vacantes “cubertas de xeito irregular”

Sindicatos insisten en urxir unha "solución global" e advirten de que "o xulgado non vai ordenar o cadro de persoal do Sergas". 


|

20161020SanidadeVigoConcentracions02.grande


Delegados sindicais e traballadores do sector sanitario concentráronse este xoves en diversos hospitais de Galicia co fin de reclamar estabilidade e unha "solución" para as prazas vacantes por mor de diversas sentenzas, entre elas a do Tribunal de Xustiza Europeo en relación á interinidade.


En declaracións a Europa Press, o responsable de sanidade de UXT, Javier Martínez, destacou a "boa participación" nas concentracións deste xoves, o que "reflicte" o "nivel de descontento que hai".


Así mesmo, afirmou que o respaldo ás protestas en Galicia "pon de manifesto que existe un problema moi grave no Sergas" mentres o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, "está de vacacións permanentes".


Por iso, os sindicatos convocantes destas mobilizacións --UXT, CIG, CSIF e Satse-- reclaman "que se busque unha solución" ás prazas vacantes e aos interinos.


FERROL, A CORUÑA E OURENSE


As concentracións leváronse a cabo a partir das 11,00 horas en varios hospitais galegos, destacando algúns sindicatos sobre todo o apoio en Ferrol, A Coruña e Ourense. Aínda que, matizou a responsable de CIG-Saúde, María Xosé Abuín, que nalgúns casos esperaban unha "resposta máis masiva", valoraron a asistencia.


Nas concentracións podían lerse diversas pancartas con lemas como 'Por un emprego digno e unha sanidade de calidade', 'Non á precariedade laboral' ou 'Esiximos estabilizar as vacantes cubertas con contratos irregulares'.


En concentracións como a da Coruña, cuns 70 participantes, María Seijo da CIG, demandaron que se cubran "todas as vacantes cubertas de forma fraudulenta" e estimaron que nesa área sanitaria hai nesa situación "un 25%".


Na de Ferrol, secundada por case medio centenar de persoas no hall de entrada do Hospital Arquitecto Marcide, pediron que, aínda que é unha área con menos contratos temporais, se cubran as prazas vacantes, sobre todo, co persoal eventual con máis antigüidade.


OFERTA DE PRAZAS


Os sindicatos UXT e CIG, como defende tamén CSIF, coincidiron en destacar que a solución non pasa polos xulgados. "A vía non é esa. O Estado ten que mollarse e a Xunta", sinalou Martínez, á vez que reclamou que "saquen as prazas" nas ofertas de emprego.


Neste sentido, Abuín comentou que "o xulgado non vai ordenar o cadro de persoal do Sergas", polo que insistiu en que "a Administración non pode estar parada".


CALENDARIO


Os sindicatos convocantes das mobilizacións avanzaron que a finais da próxima semana convocarán unha nova concentración diante do Sergas en Santiago de Compostela para reivindicar unha "solución global" á cobertura das prazas vacantes fronte aos contratos "precarios".


Así mesmo, apuntaron que pedirán, ante a próxima reunión do Consello Interterritorial de Saúde, unha reunión ao conselleiro de Sanidade e á directora de Recursos Humanos do Sergas para que lles expliquen a situación. "Aínda que estea en funcións non pode paralizar a administración", reivindica a responsable de CIG-Saúde.

relacionada Esixen a "fin da precariedade laboral" no Sergas tras a sentenza sobre contratación da UE
relacionada Esixen que o Sergas convoque as 3.500 prazas ocupadas por interinos
relacionada Sindicatos esixen que o Sergas cubra todas as prazas estruturais con persoal interino
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE