#Claves de la semana

A 'felicidade laboral', materia pendente das empresas galegas

Seis de cada 10 traballadores galegos cren que a súa empresa aínda non aplica políticas para o benestar do empregado. 


|

Felicidadlaboral


Seis de cada 10 traballadores de Galicia cren que a súa empresa aínda non aplica políticas dedicadas ao benestar e a satisfacción do empregado, nin outro tipo de medidas dedicadas á "felicidade laboral", segundo un informe de Adecco.


Pola súa banda, o 28,1% dos empregados galegos entende que, aínda que timidamente, as compañías si están a adoptar este tipo de medidas, e un 10,5% opina que o están facendo "seriamente".


Fronte a isto, o 95,6% dos enquisados por Adecco na comunidade galega opina que un traballador feliz é tamén un traballador "moito máis produtivo".


Ademais, máis da metade dos preguntados en Galicia (o 56,1%) considera que a inclusión ou non destas políticas é un aspecto "fundamental" á hora de optar por unha empresa ou outra para traballar.


Outro 36,8% pensa que, aínda que non fose unha razón definitiva, tería en conta estas medidas para elixir unha firma ou outra e só un 7% dos consultados ve que non inflúen ou o fan pouco no momento previo á fichaxe.

relacionada Animan ao sector empresarial de Galicia a 'falar' en galego
relacionada ​La "diferenciación", estrategia clave también para las empresas familiares
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE