#Claves de la semana

Doce mil firmas contra o ERE de Extel

Mañá mércores terán lugar paros laborais de 11,30 a 13,30 horas e pola tarde de 16,30 a 18,30 horas | Coincidindo coas horas dos paros, o persoal sairá en manifestación. 


|

Extelacoruaconcentracion


O comité de Extel convocou para este mércores na Coruña paros laborais por quenda de traballo en contra do expediente de regulación de emprego (ERE) presentado pola empresa.


En concreto, segundo informou o comité, os traballos de Extel continúan esta semana coas mobilizacións en contra da execución do ERE cun paro laboral de dúas horas por quenda de traballo este mércores día 2.


Pola mañá, o paro será de 11,30 a 13,30 horas e pola tarde de 16,30 a 18,30 horas. Coincidindo coas horas dos paros, o persoal sairá en manifestación desde as oficinas da empresa no Edificio Proa, en Matogrande.


Este luns o comité tiña previsto entregar as case 12.000 firmas recollidas en apoio aos traballadores da empresa "en rexeitamento ao ERE e en protesta pola política de recorte de servizos e deslocalización de Telefónica-Movistar" pero, segundo subliñou, a entrega "non se puido efectivizar" xa que "na tenda á que se dirixiron negáronse a recibir o cartafol coas firmas".


Con todo, o comité afirma que "buscará todas as vías" para que a empresa de telefonía "reciba os escritos" e non descarta remitilas por correo postal ao presidente da compañía.

relacionada ​O Popular di que xa fixo "todo o esforzo que podía facer" na redución do ERE
relacionada A Mesa apoia aos afectados polo ERE de Extel reclamando atención ao cliente en galego
relacionada 205 trabajadores de Extel en A Coruña se verán afectados por el ERE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE