#Claves de la semana

O PP gañaría de novo as eleccións e Podemos logra o 'sorpasso' segundo o CIS

A enquisa do CIS sitúa ao PP coma o partido con maior estimación de voto, mentres que o PSOE perde seis puntos, Podemos logra o 'sorpasso' e Ciudadanos mantense. 


|

Cis


O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) volveu a situar en outubro ao PP como partido con maior estimación de voto, cunha porcentaxe do 34,5 por cento, pero esta vez o seu inmediato seguidor non é o PSOE, que perde seis puntos en tres meses e queda nun 17 por cento, senón que é Unidos Podemos, que logra o 'sorpasso' subindo ata o 21,8 por cento, segundo se recolle no Barómetro de Opinión do mes de outubro, dado a coñecer este luns.


A enquisa realizouse a principios de outubro, xusto despois do convulso Comité Federal do PSOE do día 1 que acabou coa dimisión do entón secretario xeral do partido, Pedro Sánchez.


Segundo a sondaxe, o PP supera a súa porcentaxe das eleccións xerais do mes de xuño e distánciase dos demais e deixa a 12,7 puntos a Unidos Podemos e as súas confluencias de Cataluña, Galicia e Comunidade Valenciana e a 17,5 puntos aos socialistas, que marcan o seu peor dato dos últimos anos. Ciudadanos pola súa banda, queda no 12,8 por cento.

relacionada Pedro Sánchez entrega a súa acta de deputado
relacionada ​Dudas sobre la "disposición al diálogo" del nuevo Ejecutivo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE