#Claves de la semana

​A USC e a Deputación da Coruña acordan o financiamento de actividades conxuntas

Colaborarán na captación de talento, programación cultural e deportiva. Nunha semana remata o concurso de lemas contra a violencia machista.


|

Juanvianouscgorettisanmartindeputacioncoruna


O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, e a vicepresidenta e deputada de Cultura e Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, asinaron este mércores o acordo de colaboración para financiar actividades para desenvolver este ano.


Segundo informou a USC, a sinatura formalizada este mércores en San Xerome, en Santiago, refírese a un acordo de colaboración centrado na programación para fomento da educación, a investigación, a transferencia do coñecemento e actividades culturais, artísticas e científicas.


O acordo establece catro liñas de acción prioritarias; tales como apoio aos programas de detección e captación de talento e olimpíadas e concursos académicos; á programación cultural; á deportiva; e a congresos, seminarios e cursos.


LEMAS CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA


O 16 de novembro remata o prazo para a presentación de frases para o III Concurso de Lemas contra a Violencia de Xénero, dirixido a alumnos da USC, que premiará mensaxes que se poidan sumar á campaña de sensibilización. Deben ser en galego, orixinais e inéditas. Entre elas, elixirán un máximo de seis gañadores, tres por cada campus, que recibirán un premio en metálico de 100 euros e un diploma acreditativo.


PLAN DE EMPREGO


Doutra banda, a Deputación da Coruña promoveu a contratación dun total de 519 persoas nos 82 concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes da provincia, no marco do seu Plan de Emprego Local (PEL) 2016-2019, segundo os datos facilitados polo presidente provincial, Valentín González Formoso.


Nos seus primeiros meses de actividade, e a través da liña de apoio ás contratacións nos concellos, este plan supuxo pasar das 218 contratacións en 2015 ás 519 actuais. "O emprego é unha obsesión do goberno provincial", subliñou o presidente da institución coruñesa.


Xunto a esta actuación, Formoso destacou que o Plan de Emprego Local establece tamén medidas para apoiar iniciativas como os viveiros de empresas ou promover xornadas formativas como a celebrada este mércores no Pazo de Mariñán, en Bergondo (A Coruña) coa presenza de medio cento de emprendedores.

relacionada Galego e asturiano seguiron camiños similares ata o século XIX
relacionada ​O 'Outono Cultural' inicia o seu percorrido este domingo en Negreira
relacionada A Deputación da Coruña lanza un programa de difusión de figuras e efemérides galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE