​O 'Outono Cultural' inicia o seu percorrido este domingo en Negreira

|

Outonoculturaldeputacioncoruna

Presentación do programa. //Foto: @depucoruna 


'Outono Cultural', o programa de espectáculos que desenvolverá a Deputación da Coruña para difundir as figuras de Castelao, Irmandades da Fala e Manuel María a un público de todas as idades en 18 concellos da provincia, bota a andar a súa liña de espazos abertos a todos os públicos este domingo co 'Menú da Fala' de Carlos Branco e Luís Davila.

O ciclo teatral abrirase ás 21,00 horas na sala no auditorio da casa de cultura de Negreira cunha das representacións máis ambiciosas de toda a programación e na que participan numerosos artistas de recoñecido prestixio en Galicia.

A vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, asistirá á representación en Negreira.

relacionada ​Turismo escolar para coñecer "en vivo" o patrimonio coruñés
relacionada A Deputación da Coruña lanza un programa de difusión de figuras e efemérides galegas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress