#Claves de la semana

A Mesa reclama a implantación de seis medidas gratuítas a prol do galego

Marcos Maceira cópialle a frase a Feijóo para defender as súas demandas: "Non pedimos máis, pero tampouco queremos menos".


|

Marcosmaceiraamesanl


O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, demandou este mércores implantar de forma "urxente" seis das medidas contidas no Plan Xeral de Normalización Lingüística (PXNL) que non teñen "custo económico".


Trátase, como apuntou ante os xornalistas ao termo dos seus encontros cos grupos parlamentarios da oposición, de incidir no papel "normalizador" dos medios públicos de Galicia, de apoiar o ensino en galego, de utilizar a lingua propia no lecer infantil e xuvenil, de respectar a lingua e a toponimia oficial nos medios de transporte e de empregar o galego na administración.


Para avaliar o cumprimento destas medidas, o presidente da asociación cultural propuxo a constitución dunha comisión de seguimento e, tal e como asegurou, a "receptividade" da oposición neste sentido foi "absoluta".


En canto á visión do grupo maioritario da Cámara, o PPdeG, dixo que espera que "en breve" o reciba e que confirme tamén o seu respaldo a estas medidas. "Porque non descubrimos nada novo, o PXNL está aprobado polo Parlamento desde 2004", argumentou, antes de requirir dos populares "compromiso" co idioma e que estas iniciativas se poñan en marcha "o máis axiña posible".


"É necesario que os autobuses deixen de dicir que van de Lugo a 'Otero del Rey' (Outeiro de Rei)", exemplificou Maceira, sen deixar de subliñar que a presenza do galego "non se corresponde con máis de 30 anos de autonomía e de teórica oficialidade".


Neste punto, puntualizou que a súa petición persegue que o galego sexa "tan oficial" en Galicia como marca "a legalidade" vixente, "como é o castelán en Madrid ou o portugués en Lisboa". "Non pedimos máis, pero tampouco queremos menos", recalcou parafraseando a Feijóo, e lembrou que existe "lexislación internacional e nacional que ampara o uso do galego" nesta comunidade.


O GALEGO, "EXCLUÍDO"


A modo de conclusión, tras lembrar que a acción de goberno do PP non foi precisamente a favor do galego, lembrou que as forzas con representación no Parlamento deben "velar" por que "estea presente en todos os ámbitos".


"Sobre todo nestes momentos, nos que está cada vez máis excluído", finalizou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

relacionada A Mesa denuncia a "exclusión do galego" na 'caixa finlandesa'
relacionada ​A Mesa chama a que esta lexislatura "sexa a do impulso do galego"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE