​A Xunta aproba un teito de gasto de 9.063 millóns para 2017

|

Feijooteitodegasto


O Goberno galego aprobou este xoves un teito de gasto de 9.063 millóns de euros para o ano 2017, o que supón un 2,9% máis (259 millóns) de capacidade de gasto con respecto ao exercicio de 2016. En relación á cifra provisional avanzada en setembro, durante a campaña electoral, sobe 24 millóns e a previsión de crecemento económico, unha décima --do 2,3% ao 2,4%--. Mantén a intención de reducir a taxa de paro ao 15,6%.


Ao termo do Consello da Xunta, o presidente, Alberto Núñez Feijóo, e o conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, compareceron para explicar o novo cadro macroeconómico. Ambos subliñaron que as cifras de 2016 axústanse aos criterios de "prudencia" e destacaron a evolución do crecemento económico neste exercicio, cunha última actualización do crecemento do PIB que o sitúa no 3,1%.


PRUDENCIA ANTE O 'BREXIT'


Feijóo reivindicou os valores de "estabilidade e prudencia" antes de incidir na "cautela" na previsión económica do 2,4% para o ano que vén, á espera dos efectos do 'Brexit', por exemplo, aínda que lixeiramente elevado nunha décima respecto de setembro. "A economía galega seguirá crecendo na contorna do 2,5%, aínda que por prudencia fixámolo no 2,4%", explicou.


Na súa comparecencia, o presidente salientou que a comunidade supera por primeira vez desde 2011 a capacidade de gasto de 9.000 millóns de euros, con 259 millóns de euros máis que no anterior exercicio. Como xa avanzara no seu discurso de investidura, ratificou que o Executivo se propón "repoñer o cento por cento do salario" a todos os empregados públicos galegos desde o 1 de xaneiro.


O Executivo galego mantén así a previsión de deixar listos os orzamentos galegos de 2017 para a súa remisión á Cámara en decembro co obxectivo de que, se é posible, entren en vigor en febreiro.


Todo dependerá dos tempos de tramitación parlamentaria. Así mesmo, Martínez concretou que a 'oficialización' das cifras estatais podería variar as galegas, aínda que "a hipótese de normalidade será lixeiramente incremental, non de recortes".

relacionada Bruselas no congelará fondos a España pese a incumplir el déficit
relacionada ​A economía galega acelera timidamente o seu ritmo de crecemento

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress