#Claves de la semana

Alerta amarela en todo o litoral galego

Ademáis, na Mariña luguesa e a Montaña de Ourense os refachos de vento chegarán aos 80 kilómetros por hora.


|

Temporalmarolas


O litoral de Galicia manterase este domingo baixo alerta amarela debido ao vento e ás ondas superiores aos catro metros en todo a costa galega.

Así o indicou Meteogalicia, que precisa que o litoral da Coruña, a Mariña luguesa e a costa de Pontevedra sufrirán mar de fondo do noroeste durante todo o día e toda a noite, con ondas de entre catro e cinco metros.

Ademais, no que respecta ao vento, A Mariña sufrirá ventos do suroeste, con refachos superiores aos 80 quilómetros por hora. Tamén padecerá refachos de vento desta velocidade a Montaña de Ourense, que tamén está en alerta amarela.

Sobre o vento no mar, este será do suroeste con forza sete en todo o litoral galego.

Aínda que a situación tenderá a mellorar, tal e como explica Meteogalicia, manterase aínda unha situación de mar moi alterada con ondas superiores aos catro metros en todo o litoral galego.

relacionada Rescatan tres mariñeiros aos que lles envorcou o barco en Ribeira
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE