#Claves de la semana

Denuncian "represión sindical' no Eurostars Gran Hotel La Toja

CCOO acusa á empresa propietaria do hotel de despedir a dous traballadores con traxectorias profesionais "intachables" por seren afiliados e estaren no Comité de Empresa. 


|

Granhotellatoja

O sindicato Comisións Obreiras de Arousa acusou á empresa Arcatis SLU Eurostars, propietaria do Gran Hotel La Toja, de "represión sindical" polo despedimento de dous empregados cunha traxectoria "intachable" e de "defensa dos traballadores nos procesos de ERE".


Así, o sindicato denunciou que este sábado foi comunicado o despedimento aos dous traballadores, afiliados a Comisións e membros do Comité de Empresa, que tiñan unha antigüidade na empresa "de 34 e 17 anos, respectivamente".


Para CC.OO., a decisión da empresa forma parte de "unha cadea de despedimentos que a día de hoxe concéntranse nos Representantes Sindicais con formas e feitos propios de tempos pasados", á vez que acusa a Arcatis SLU Eurostars de practicar unha "persecución e represión sindical" cara ao sindicato.


"A persecución sindical é propia da cadea Hotusa (á que pertence este hotel) cuxo presidente é o galego Amancio López, amigo íntimo de Mariano Rajoy", censurou.

relacionada Multa de 30.000 euros a Transegre polo despedimento de dous traballadores da CIG
relacionada ​A CIG denuncia o despido en Transegre de dous candidatos ás eleccións sindicais
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE