​Galicia, a comunidade que máis sobe en número de viaxeiros en tren a Madrid

|

Renfeave


Galicia foi a comunidade na que máis se incrementou o número de viaxeiros en tren nos últimos 12 meses, cun 14,3 por cento máis con respecto ao mesmo período do ano anterior.


Segundo informou este luns Renfe nun comunicado, máis de 500.000 persoas utilizaron o servizo Madrid-Galicia entre outubro de 2015 ata o mesmo mes deste ano.


O tren presentou datos récord noutras sete liñas: Madrid-Valencia; Madrid-Málaga; Madrid-Alacante; Barcelona-Zaragoza; Madrid-Baía de Cádiz; Madrid-Pamplona; e Barcelona-Málaga.


Renfe destacou, en especial, o incremento na relación Madrid-Valencia, que alcanza un máximo histórico con 2,3 millóns de viaxes.


Máis de 30 millóns de usuarios utilizaron os trens de alta velocidade e longa distancia da compañía ferroviaria, segundo Renfe, estes datos significan "a consolidación do tren fronte ao avión" como medio de transporte nas viaxes de longa distancia na península.

relacionada ​El AVE va ganando terreno al avión para desplazarse por España
relacionada ​Prueba piloto para cambiar trenes diésel por otros de gas natural licuado
relacionada ​Renfe refuerza con 2.000 asientos los trenes entre Galicia y Madrid de este puente

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress