#Claves de la semana

​Noriega: "O que aconteceu coa esquerda foi histórico e estudarase co tempo"

O rexedor de Santiago cre que a En Marea lle faltou "tempo" para se "cohesionar", pero celebra a posición acadada neste momento.


|

MatioNoriega


Martiño Noriega, alcalde de Santiago e un dos impulsores do partido instrumental, cre que "á esquerda faltoulle tempo nestes momentos de aceleración para poder cohesionar o discurso e sedimentar ese discurso na xente". Explicou así nunha entrevista na Radio Galega os resultados electorais de En Marea, que as enquisas daban máis por riba do PSdeG, e que, aínda que os valora como "bos", di non estar "contento se non serve para cambiar as cousas".


Porén, cre que "era agora ou nunca" e que "o que aconteceu aquí no campo da esquerda foi histórico e estudarase co paso do tempo". Consciente tamén de que "non chega coa vontade", declara que "se me chegan a dicir hai 5 anos que a unidade popular ía ser segunda forza e gobernar concellos, non o crería".


Noriega contrapón o discurso de En Marea ao 'matrix', ese "mundo ideal que nos di que no país nos últimos cinco anos todo mellorou, cando os datos e os casos das persoas din o contrario". Contra el, aposta por "non facer un discurso victimista, o que hai que facer é combater ese matrix".


RELACIÓN CO PSDEG


Á comparación das relacións entre Compostela Aberta e o PSOE local cos casos das outras cidades das mareas, o rexedor ve que "co inicio do curso houbo clima de cooperación, pero non se exploraron outras opcións", coma a entrada no goberno que propuxeron os socialistas coruñeses.


Dixo, ademáis, non notar en Compostela a "división" do PSdeG, pero reflexionou que a crise interna que vive a formación "complica o cambio de posicións" tamén dentro da política local.


AEROPORTOS


Outra fronte aberta é a da política aeroportuaria. Martiño Noriega aposta pola "cooperación entre os tres aeroportos, se queremos competir con Sá Carneiro". Afeou á Xunta a súa "equidistancia", e reclamoulle "unha posición de país cunha Xunta que coordine a política portuaria que limite a competición entre as terminais galegas".


O alcalde compostelán atopa que "Vigo non está polo labor": "algúns viven do localismo sexa contra quen sexa. Eu sempre pensei en clave de país, igual porque estou no concello da capital de Galicia".


FRONTE COMÚN DO PP


Sobre a unión dos líderes do PP local de Santiago, A Coruña e Ferrol contra os gobernos das mareas, considerou "lexítimo que o PP queira escenificar unha alternativa conxunta nas tres cidades", unha "estratexia que non sei qué percorrido terá" e na que non lles desexa "sorte".


EN NEGRO CONTRA O MACHISMO


E ao fío da campaña contra a violencia machista que se impulsou desde Santiago, anunciou que a Catedral, xunto coa Cosellería de Cultura, están valorando sumarse á campaña. Deste xeito, aproveitarían "as estruturas de obra da fachada para identificar un dos símbolos da cidade" na loita contra o machismo.

relacionada En Marea ten acordado "desde hai tempo" o límite de salario dos deputados
relacionada ​En Marea encuentra en Portugal un referente del "pacto de izquierdas"
relacionada Antón Sánchez: "Toca repensar o papel de Anova dentro de En Marea"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE