#Claves de la semana

​O orzamento de Economía crecerá máis do dobre ca o da Xunta

Feijóo destaca que o obxectivo é impulsar a industria e o emprego durante a celebración do XI Premio Familia Empresaria de Galicia. 


|

Feijooempresafamiliar


A Consellería de Economía, Emprego e Industria crecerá en termos porcentuais máis do dobre do que o fará o orzamento da comunidade en 2017. Ademais, manterase a baixada de impostos para tratar de impulsar a industria e o emprego.


Así o avanzou este martes o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, durante a celebración da XI edición Premio Familia Empresaria de Galicia.


"Seguiremos incentivando a capitalización das empresas, apoiando o investimento, os proxectos de innovación e os proxectos de internacionalización", resaltou.


Así, subliñou a necesidade de compromiso co tecido produtivo e a relevancia de facilitar o seu labor. "Porque iso é, en definitiva, facilitar o futuro do noso país", afirmou.


"MÁIS FÁCIL E BARATO"


Feijóo sinalou que a día de hoxe en Galicia é máis fácil e barato emprender. Despois de referirse á importancia da formación, a innovación e a internacionalización, o responsable autonómico precisou que no ámbito das bonificacións fiscais desde 2010, e atendendo a unha demanda da Asociación Galega de Empresa Familiar, reduciuse un 99% a base impoñible do imposto de sucesións e doazóns para a transmisión de firmas deste tipo, co que se beneficiaron desta medida 6.200 contribuíntes.


"Desta forma, os herdeiros de empresas familiares dispuxeron de máis de 72 millóns de euros máis para continuar sacando adiante o proxecto familiar de xeración en xeración", profundou.


Así mesmo, indicou que a supresión do imposto de sucesións e doazóns para a práctica totalidade de Galicia, desde o 1 de xaneiro deste ano, beneficiou a máis de 46.000 persoas: unhas 30.000 ao recibir unha herdanza 'mortis causa' e os 16.600 restantes que non tiveron que pagar por recibir unha herdanza en vida.


A estimación do Goberno galego é que a finais de ano sexan unhas 7.000 as transmisións que se benefician do programa de impostos cero no rural.


Sumando as dúas reducións fiscais, Feijóo resaltou que son 52.000 beneficiarios, coa previsión da Axencia Tributaria de Galicia de que ao termo do exercicio sexan case 69.000.

relacionada "Galicia non existe no mapa da innovación"
relacionada ​A Xunta aproba un teito de gasto de 9.063 millóns para 2017
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE