​O CHUS deixa pacientes nos corredores habendo zonas de observación libres

|

Chus 7


A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS volve alertar dun novo "colapso" no servizo de Urxencias do hospital compostelán. A través dun comunicado, deste vez, denuncian que o martes 22, pasadas as tres da tarde, "acumuláronse ata 18 pacientes pendentes de ingreso, ocupando espazo de traballo", a pesar de haber "tres sitios libres en observación, onde os supervisores non deixaron instalar os pacientes".


Para a asociación, "cada nova situación de colapso evidencia que os responsables sanitarios pretenden que aceptemos como normal unha actuación irresponsable", atribuíndo "sempre a causa a cuestións puntuais e non a situacións estruturais". Lamentan, así, que se desatenden as "reiteradas demandas dos pacientes" e tamén "as realizadas polos profesionais do servizo e mesmo as autoridades laborais".


Aparte, relatan que "os pacientes de gravidade intermedia son colocados en lugares de paso, arrimados a unha parede". Denuncian que esta "práctica non só atenta contra a dignidade dos pacientes senón que tamén vai contra a normativa de seguridade laboral así como contra o requirimento da inspección de traballo e a que fan caso omiso desde a xerencia ata o persoal supervisor". En concreto, o mesmo martes "chegaron a estar 16 pacientes nesta situación".


Cadeirarodaschus

MATERIAL EN MAL ESTADO


A Asociación de Usuarios e Pacientes do CHUS clama tamén contra a calidade e o estado dalgún do material dun "hospital autodenominado de excelencia". Así, explican o caso de M.P.T., familiar dunha paciente de 80 anos ingresada por urxencias o día 15 de novembro por problemas de cadeira, á que se lle ofreceu unha cadeira de rodas "en estado lamentable". Segundo relata a asociación, ao carecer a cadeira de repousapés, "no seu lugar foi colocada unha venda para reter os pés". E non foi todo, "ante a reclamación que formulou contestóuselle que non se queixase, que as había en peor estado".


Cadeira de rodas cunha venda para os pés.


Non foi o único caso do que teñen constancia, pois aseguran que "o carácter de deterioro xeral deste material sanitario foi constatado por outros pacientes e polo persoal dos Servizos de Urxencias".

relacionada ​O xerente do CHUS nega calquera colapso en Urxencias
relacionada ​Denuncian que el nuevo TAC de Urgencias del CHUS "pertenece a la gama más baja"
relacionada ​Sanidade defende que os colapsos das Urxencias do CHUS son illados

1 Comentarios

1

Como resulta que y trabajaba ese día en urgencias puedo hablar con conocimiento de causa y decir que efectivamente hubo una gran afluencia de gente pero ninguna sobrepaso el tiempo de espera estipulado para ser atendida...pique poco importa que no veas a nadie en los pasillos si luego no se van a ver y no se piden las pruebas pertinentes en tiempo y forma correspondiente...el problema no es que yaya un pasillo porque eso se subsanaría abriendo una sala en la que se "acumulen" y ya tendríamos el pasillo despejados...el problema insisto es que no se atiendan a tiempo porque no se hacen los ingresos que quedan acumulados pq no haysitio en pplanta, que los enfermos reincidan una y otra vez en urgencias que las pruebas se pidan se realicen o se informen tarde....esas cosas si que deterioran el servicio que se debería de prestar. Por lo demás todos trabjamos poniendo todo el cariño respeto y la premura que nos permite la situación...Y desde luego un aumento de plantilla seria mas que deseable por motivos obvios...

escrito por milagros 24/nov/16    16:46

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress