​Villares gardaría un minuto de silencio se Barberá fose "compañeira da Cámara galega"


|

Luisvillaresparlamentorp


O portavoz de En Marea no Parlamento galego, Luís Villares, confesou este xoves en Lugo que se a senadora e exalcaldesa de Valencia, Rita Barberá, fose "compañeira da Cámara galega", el gardaría un minuto de silencio en sinal de duelo pola súa morte.


Tras un encontro con representantes sindicais dos xulgados de Lugo, Villares foi preguntado sobre a polémica xurdida o pasado mércores tras a ausencia dos deputados de Unidos Podemos no minuto de silencio gardado nas Cortes en honra de Rita Barberá, falecida ese mesmo día dun infarto en Madrid.


Así, o portavoz de En Marea indicou que os "minutos de silencio son recoñecementos políticos ao labor feito por alguén, e eu penso que unha persoa que non forma desa cámara evidentemente está fóra de lugar", en relación a que Barberá ocupaba escano no Senado e non no Congreso dos Deputados.


"É unha decisión que se tomou no ámbito do Congreso, que me parece que se debe de levar a separar ben a cuestión de carácter persoal. Lamentamos o falecemento de calquera persoa. Outra cousa é un recoñecemento político nunha cámara na que non formaba parte", remarcou.


Finalmente, tras ser interpelado sobre si el gardaría ese minuto de silencio, Villares afirmou que "se fose compañeira da cámara galega si, e se non fose compañeira da cámara galega non existiría a necesidade institucional de facer ese recoñecemento".

relacionada En Marea lembra que por Labordeta non se gardou o minuto de silencio
relacionada ​Los diputados de Unidos Podemos evitan el minuto de silencio

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE