#Claves de la semana

​Peridis presentará dous tomos da Enciclopedia do Románico no Liceo de Ourense

O románico de Ourense recompilouse en dous volumes, que inclúen os 180 testemuños documentados na provincia, ilustrados con máis de 1.500 fotografías e planos


|

Iglesiaromanicaboborasourense

// 1.000 lugares en Galicia Blogspot


O Salón Nobre do Liceo de Ourense acollerá mañá, mércores, 30 de novembro, ás 19.00 h., a presentación oficial dos dous tomos correspondentes á provincia da Enciclopedia do Románico na Península Ibérica, editada pola Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico.


A presentación correrá a cargo do Presidente da Fundación, o arquitecto e debuxante, José María Pérez 'Peridis' e, ademais, está prevista a participación, entre outros, do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, Román Rodríguez González; do director de Área de Negocio de Caixa Bank en Ourense, Fernando Garza; do Delegado en Galicia de Rede Eléctrica de España, Carlos González; do bispo da Diocese, Leonardo Lemos Montanet; do vicepresidente da Deputación, Rosendo Luís Fernández Fernández; do presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría e do coordinador científico da obra, José Carlos Vale Pérez.


O románico de Ourense recompilouse en dous volumes, que compilan os 180 testemuños documentados na provincia, ilustrados con máis de 1.500 fotografías e planos. A publicación forma parte dun proxecto moito máis amplo, a Enciclopedia do Románico na Península Ibérica, no que a Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico leva traballando máis de dúas décadas e no que participaron máis dun milleiro de investigadores.


A Fundación Santa María a Real do Patrimonio Histórico, un proxecto cultural desde Castela e León é unha entidade privada sen ánimo de lucro, cuxa misión fundamental é a de promover iniciativas de desenvolvemento sustentable, baseadas en estudo, investigación, restauración, conservación e difusión do patrimonio natural, social e cultural.  

relacionada O Museo do Prado énchese da 'gloria' do Mestre Mateo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE