​A CIG denuncia que se seguen a vender "produtos tóxicos" coma as preferentes

|

Preferentesprotesta


A CIG alerta de que as entidades bancarias seguen a colocar aos seus clientes "produtos tóxicos", unha situación que lembra a experiencia recente da "mala praxe comercial de preferentes, cláusulas chan, waps, valores...". Así o manifestou o secretario nacional da CIG-Banca, Clodomiro Montero, nunha reunión con representantes do BNG.


O sindicalista sostén que a Comisión Nacional do Mercado de Valores debe ser máis estrita á hora de valorar os produtos financeiros e reiterou que son os traballadores e traballadoras da banca os que están obrigados a colocalos entre os aforradores. Estamos pois, "ante unha nova tormenta perfecta" como sucedeu coas preferentes, concluíu.


Tamén comunicou que a campaña da CIG-Banca que reclama protección dos consumidores será trasladada, ademáis da Cámara galega, ao Congreso e aoParlamento Europeo.


"SEGUNDA ESTAFA DAS PREFERENTES"


Do BNG asistiron á reunión a portavoz parlamentaria do BNG, Ana Pontón, xunto as deputadas, Montse Prado e Noa Presas. A portavoz nacionalista advertiu que "podemos estar ante unha segunda estafa das preferentes e outros produtos financeiros prexudiciais para os consumidores e consumidoras". Dende o BNG, dixo, "temos un compromiso para que se tomen todas as medidas necesarias de protección" porque, a pesar da normativa comunitaria "existe unha grande indefensión" dos clientes de entidades bancarias.


Ademáis, criticou que a Xunta e o Goberno central "miran para outro lado" e anunciou que o BNG reclamará "unha regulación máis estrita" dos produtos financeiros que se venden a minoristas, xunto con "oficinas especializadas de atención aos clientes da banca" para actuar preventivamente ou protexelos ante abusos

relacionada ​Os afectados polas preferentes doan cheques de mil euros a catro ONG
relacionada Los juzgados exclusivos de preferentes resolvieron más de 4000 demandas desde su creación

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE